FANPA | Aventuras en familia 2023

🚨 Volven as Aventuras en Familia 👨‍👩‍👧‍👦 da Fanpa Nontedurmas

📅 Anotade : O prazo de inscripción abre o próximo 25 de marzo ás 9:00 horas ata o 15 de abril ás 14:00 horas.

Non se admitirán inscripcións fora deste tramo horario.

✍️ Inscripcións

Mediante correo electrónico a actividades@nontedurmas.org, onde debe figurar a seguinte información:

1.Nome e apelidos de todas as persoas participantes e teléfono de contacto.

2.Aventuras e datas nas que se inscriben. No caso das do kaiak e tirolinas debe figurar a data na que se inscribe.

3. Documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.

📧 Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de entrada do correo electrónico. Recibirán un correo confirmando se ten as prazas solicitadas adxudicadas. Unha vez recibido este correo, disporán dun prazo de 24 horas para realizar o pago, mediante transferencia bancaria.

Toda a info en 👉https://www.nontedurmas.org/act…/aventura-en-familia-2023/

#sersociotenvantaxes#nontedurmas

Proxecto Bioescolas ♻️

@ceip_xunqueira2 participa no proxecto @bio_escolas no cal se ensina a rapazada a coñecer e valorar a importancia da reciclaxe ♻️
Coma parte deste proxecto a empresa @arioilreciclajes facilitou un contedor para que familias e docentes poidamos depositar botellas de plástico con aceite de cociña usado, ⚠️ ben pechadas!
Por cada contedor cheo a @anpaandainaceipaxunqueira2 recibirá 15€ para:
📚Material Escolar
🚌Excursións
🛼Actividades extraescolares

👪Animadevos a participar!!!!

#ceipxunqueira2#reciclaxe#educaciónmedioambiental

Ver más

Visita dos Reis Magos

Onte os nenos e nenas da Xunqueira recibiron a visita dos Reis Magos. Aproveitaron para entregarlle as súas cartas e algúns incluso pediron que lle firmaran autógrafos!

Moitísimas grazas os voluntarios e o cole pola súa colaboración.

Comunicado para as familias do alumnado de sexto curso interesadas na excursión de fin de curso.

Como resposta ás dúbidas/ inquedanzas recibidas estes últimos días, a ANPA Andaina pon de manifesto que non é a encargada de organizar a excursión de fin de curso. Son as familias do alumnado interesado as que xestionan devandita cuestión.
Non obstante, a ANPA si colabora e axuda na medida do posible.
Por este motivo convidámosvos a manter unha reunión para concretar en que aspectos podemos colaborar.

Data: Luns 19 de Decembro

Hora: 16:30

Lugar: Salón de actos do CEIP A Xunqueira 2.

CHEGAN AS RIFAS DE NADAL!!

Queremos que a nosa escola sexa un espazo cardioprotexido❤️ e precisamos que tod@s participemos para conseguilo.
A qué nos referimos?
Este nadal véndense 🎫 rifas para o sorteo de dúas cestas de nadal, cortesía dunha nai do cole 🤗🤗
Co recaudado mercarase un DESA (desfibrilador semiautomático) para a escola. Para quen non saiba que é isto dun DESA aquí vos deixamos un video. Decirvos que con este aparatiño podense salvar moitas vidas!
Ramón Campos explica cómo usar el desfibrilador REANIBEX 200 – YouTube

Qué podes facer ti? Soci@s e non soci@s podedes mercar / vender tantas rifas coma poidades!
CADA RIFA se adquire por donativo de 2€.


🤔 Onde podo mercarlas?


Tedes dúas opcions!

  1. Pódense adquirir as rifas a partir deste xoves 24 de novembro na propia escola. En horario de saída (14h) podedes achegarvos á conserxería para mercar tantas rifas coma queirades.
    Importante: Levade o importe exacto!!!
  2. Podedes levar un talonario enteiro para casa e axudar na venta. Xa sabedes…vender a amigos, familia, no traballo!! Un talonario son 25 rifas. Tense que devolver o talonario coas rifas sobrantes e o recaudado antes do 19 de decembro.
    Para recibir un talonario escribide a: anpa.andaina@nontedurmas.org co asunto : rifas nadal. Fai constar o teu nome (nome e curso d@ nen@) e o número de contacto para xestionar a entrega do talonario.
    Cándo se celebrará o sorteo? O día 22 de decembro (último día de cole) por persoas alleas á Xunta directiva da ANPA.

Os gañadores serán publicados nas nosas redes sociais a partir do día do sorteo. Os dous premiados deberán poñerse en contacto coa ANPA para facilitar un teléfono de contacto para achegar a cesta.


No caso que o 29 de decembro non teñamos contacto dalgun/a das/dos gañador@s o contido da cesta será doado.


🙏Grazas pola vosa participación!🙏

Xa temos gañadores do sorteo de 5 entradas para o Curturgal entre os socios da ANPA!!

Temos 5 entradas para o Culturgal🎟️
e queremos sortealas entre as familias que sexan socias da ANPA, animádevos a participar!!
✋e se aínda non sodes socios da ANPA podedes facelo dende https://anpaandaina.wordpress.com/socios/
Tendes ata o día 20 deste mes se queredes participar no sorteo. Todos os socios entrarán automáticamente no sorteo.
🎰O sorteo farase o 21 y comunicaremos os gañadores no insta e no blog.
Moita sorte 🤞🤞
E moitísimas grazas a organización do Culturgal pola colaboración🙏🙏

Inscricións https://anpaandaina.wordpress.com/socios/👉👉

Pois xa temos gañadores das 5 entradas para o Culturgal 🥳🥳
Noraboa e a disfrutalo!! Que ben merece a pena.
📩Podedes mandar un email a anpa.andaina@nontedurmas.org para recibilas
#anpaandainaceipxunqueira2 #cxunque2 #culturgal2022

Que tempo/esforzo supón estar na Xunta Directiva?

Todos coincidimos en que o nome XUNTA DIRECTIVA asusta un pouco pero nos guste ou non para que haxa ANPA temos que ter unha Xunta Directiva. Ademais do nome, o que vos preocupa a maioría son os horarios:

A maiores das reunións/asembleas as que vos convocamos ás familias durante o curso (se todo vai ben 2 ou 3 ao longo do curso), xuntámonos un par de veces máis. Case todo o tratamos nun grupo de whatsapp, salvo que sexa un tema que vemos que se alarga ou é mellor tratalo en persoa. Para xuntarnos tratamos de buscar un momento que lle veña ben a todos pero se algún non pode asistir non pasa nada. Despois poñémolo ao día.

Canto teño que adicarlle? unha tarde a semana? Un par de horas? Pois non temos horarios, cada un xestiona o seu tempo, en función do que te estes encargando. Igual pasas semanas sen facer nada como de repente tes que algo que facer durante varios días seguidos. O ideal e repartir as tarefas de forma que cada tarefa este asignada a unha persoa aínda que despois poidan axudarlle algún máis. Cando hai algunha tarefa nova repartímola en función de quen pode, sabe ou lle apetece encargarse.

A maioría das xestións poden facerse dende a casa, preparar algún escrito, contestar aos emails, publicar no blogue, pedir orzamentos para actividades e contratalas (excursión, autobús, seguro, charlas…) polo que o podedes adaptar o voso horario.

Outras temos que facelas en persoa, como por exemplo comprar os agasallos de Nadal, e levalos ao cole, pero todo se pode facer con antelación, adaptándonos aos horarios de cada un.

Quero colaborar coa ANPA pero non estou na Xunta Directiva. Que podo facer?


Pois quen mellor que ti para dicirnos como nos podes axudar?

Queres propoñernos algunha actividade, taller, excursión para os nenos, os pais/nais ou as familias? Xenial, fala con nos e vemos se podemos levalo a cabo, e se podes axudarnos a poñelo en marcha moito mellor.

Estás mercando zapatos para os peques ou cortando o pelo por poñer un exemplo, pois aproveita e pregunta se farían descontos aos socios da ANPA.

Queres que contemos contigo para cando necesitemos xente de apoio para algunha actividade? Benvido: cando precisemos xente avisámoste e se queres e podes colaborar nese intre ben e senón deixámolo para a próxima.

De que tipo de actividades estamos falando? Excursión, Rastrexo, algunha festa… Pero non todo e diversión. En ocasións necesitamos consultar algunha dúbida, así que se pensas que podes axudarnos con algún dos seguintes puntos (ou algún outro que se che ocorra) ponte en contacto con nos:

– Consultas fiscais, ou contables

– Consultas sobre Protección de Datos

– Revisar algún escrito antes de que o presentemos na administración