Xa falta pouquiño para as vacacións de verán!
Para os que estedes interesados deixamosvos a información das ludotecas de verán organizadas pola FANPA.
Máis información en:
Xa falta pouquiño para as vacacións de verán!
Para os que estedes interesados deixamosvos a información das ludotecas de verán organizadas pola FANPA.
Máis información en:
É un programa de vivencias en familia, lecer e tempo libre dirixido ás familias do concello de Pontevedra. O obxectivo é favorecer a participación familiar en actividades e que compartan xuntos experiencias e diversión.
Inscricións : 11-17 xaneiro socios ANPAS
18-19 xaneiro resto
Toda a información e fichas de inscripción:
http://www.nontedurmas.org/blog/conta-comigo-2018/
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA REUNIÓN ANPA “ANDAINA” (CEIP A XUNQUEIRA 2 DE PONTEVEDRA)
Estimadas familias dados os últimos acontecementos e despois de recibila petición dunha reunión por parte dalguns pais con data 6/10/2016 a Asociación de pais e nais Andaina chama a unha reunión todolos socio@s
DIA: LUNS 10- 10- 2016
LUGAR: Salón de actos do CEIP Xunqueira 2
HORA: 21.00 HORAS Coa seguinte orde do día:
1- Reiterar o posicionamiento do ANPA NESTE PROCESO
2- Explicación por parte da FANPA das medidas que se deben tomar
Un saúdo.
Dende a FANPA invitannos o 26 de novembro a un taller sobre acoso escolar con especialistas de CEAPA. O obradoiro vai dirixido a mellorar as habilidades sociais dos nenos de entre 6 a 12 anos, que é o período crítico de formación sobre sociabilidade pero o enfoque novidoso é que as nais e pais traballaran ao seu lado Aforo limitado para pais (25 prazas ) e nenos (25). A inscrición está aberta desde este momento ata cubrir aforo ou o venres 25 de novembro. Inscrición
As ludotecas deixaron uns cantos feixes de roupa en perfecto estado que temos recollida na FANPA. Como hai de todo, desde gorras a cazadoras, ata paraugas… supoñemos que os propietarios as botarán de menos. Se pasado un tempo, os donos non están interesados en recuperala, a FANPA fará doazón a unha entidade sen ánimo de lucro para que lles poida dar nova vida.
http://www.nontedurmas.org/…/roupa-abandonada-a-espera-dos…/
Saúdos
O Concello de Pontevedra e a Universide de Vigo, a través dunha subvención concedida pola Fundación española para la ciencia y la tecnología, realizan Pontenciencia:
Feira da miniciencia, cuxo obxectivo principal é a realización dunha feira da ciencia dirixida a escolares de educación primaria.
Unha das categorías de participación da Feira, a realizar no mes de maio, é Ciencia en familia, na que os nenos/as de primeiro a sexto de primaria que o desexen, xunto cos seus familiares – pais, nais, titores/as, avós, avoas,…- poderán presentar os seus proxectos en stands da feira e tamén participar na fase de concurso do Premio Pontenciencia.
As bases de participación no concurso recollerán as características valoradas, tales como a orixinalidade do proxecto, metodoloxía realizada, presentación de resultados, etc. Entregaranse diplomas de participación a todos os participantes e cheques regalo en equipación escolar: roupa, librería,… para os proxectos seleccionados polo xurado.
As familias que desexen participar no proxecto terán un Obradoiro de investigación no que se explicará como participar e realizar unha investigación en temáticas como ciencia, educación, deporte, fisioterapia, belas artes, bioloxía, filoloxía, línguaxe….
Tamén, os que o desexen, se lles subministrarán propostas de investigación realizadas polo comité científico do proxecto e recibirán o asesoramento preciso.
Celebración do obradoiro:
Data: sábado 15 de febreiro
Hora: 12:00 h
Lugar: Sede da FANPA rúa Xan Guillermo, núm.9 (detrás de Santa María, rúa lateral ó edificio da Seguridade Social) Tel 986843412 info@nontedurmas.org Para realizar as consultas que precisen ou participar, deben inscribirse por correo electrónico indicando un nome e número de teléfono en info@nontedurmas.org ou educacion@pontevedra.eu e confirmar a asistencia ao obradoiro
A asistencia o obradoiro non compromete á presentación dun proxecto en Pontenciencia:
feria da miniciencia. Posteriormente á fase informativa haberá un período de inscrición.
Estimados pais e nais de alumos-as do colexio Xunqueira II:
O vindeiro sábado 23 de Febreiro as 16 horas no mirador de Monteporreiro celebrarase a Primeira Festa do Ensino Público, organizada pola FANPA. Haberá unha marcha, xogos, música e unha chocolatada, todo en defensa do ensino público. Estades todas as familias convidadas a participar.
Podedes ver a información completa da festa na web da FANPA
Desde la FANPA se promueve una campaña de recogida de firmas contra la reforma de la LOE.
Podéis informaros en el siguiente vínculo.
La FANPA oferta un seguro de accidentes escolar. Tiene que haber un mínimo de 34 inscritos para que se pueda contratar la póliza. Para ver la información clicar en el vínculo.