Hola,
Queremos recordarvos que só quedan uns días para poder facerse socio da ANPA para este curso. O derradeiro día será o 18 de decembro. Para facelo, seguide as indicacións do noso apartado Socios.
Un saúdo
Hola,
Queremos recordarvos que só quedan uns días para poder facerse socio da ANPA para este curso. O derradeiro día será o 18 de decembro. Para facelo, seguide as indicacións do noso apartado Socios.
Un saúdo
Estamos orgullosos de anunciar que temos un novo acordo de colaboración coa libraría Luna Nueva Libros.
Luna Nueva libros é unha libraría situada no número 63 da rúa Doutor Loureiro Crespo dende Marzo de 2018 co fin de satisfacer as necesidades en materia de literatura dos veciños das áreas circundantes á Rúa D. Loureiro Crespo de Pontevedra.
Como membros da ANPA Andaina, podremos beneficiarnos de:
Deixamos aquí os detalles:
A linguaxe inclusiva refírese a calquera expresión verbal ou escrita que empregue preferentemente o vocabulario neutro, ou ben, fai evidente o masculino e o feminino. Evita tamén as xeneralizacións do masculino para situacións ou actividades onde aparecen mulleres e homes.
Deixamos a vosa disposición aquí a Guía de comunicación inclusiva editada e publicada pola Deputación de Pontevedra unha ferramenta moi útil que fará que nos decatemos como a nosa fala actual non está baixo o paraugas da perspectiva de xénero. É una acción como beneficiaria das subvencións convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres financiada en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Bo día a tod@s,
Este ano retrasamos algo a nosa reunión de inicio de curso pola situación epidemiolóxica e esperando poder facela de xeito presencial en algún momento.
Desgrazadamente e visto os últimos acontecementos, decidimos organizala en formato virtual usando a plataforma Zoom. Os detalles aquí abaixo:
DATA: Xoves 12 de Novembro 2020
HORA: 19h00 (1a convocatioria) / 19h15 (2a convocatoria)
Orde do día:
Para poder participar é necesario inscribirse aquí: formulário inscrición
Desde a ANPA ANDAINA queremos invitarvos á charla
IGUALDADE DENDE O BERCE
dentro no noso proxecto AXENDANDO IGUALDADE subvencionado pola
Secretaria Xeral de Igualdade e o Ministerio de Igualdade.
Dirixido a familias con menores matriculados nos centros educativos do concello de Pontevedra.
Formato: Online (Zoom)
Día: 22/10/2020
Hora: de 18h00 a 19h30
Nesta charla faremos un percorrido xeral coa temática de igualdade e diversidade. Entre outros temas trataremos:
Traballemos en conxunto para unha sociedade máis xusta e igualitaria. Sementando igualdade, colleitando xustiza.
Impartida pola axente de igualdade e mestra Daisy Alcalde Monteagudo coa
colaboración de APAIOGA a través da plataforma ZOOM.
Inscripcións aquí: https://forms.gle/JhETfNPjrP7acyqD9
O proxecto AXENDANDO IGUALDADE e as AXENDAS ESCOLARES
En setembro volvemos repartir a AXENDA ESCOLAR como ANPA beneficiaria do programa de subvencións convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, financiadas en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Con esta convocatoria a Secretaría Xeral de Igualdade busca promover a formación, sensibilización, información das familias e asociacións de nais e pais na perspectiva de xénero, concienciando ás fillas e fillos, aos estudantes e á comunidade educativa sobre os estereotipos de xénero existentes e facer visible as mulleres e as nenas promovendo relacións respectuosas e iguais que eviten a violencia de xénero.
Nós compartimos este ideario e queremos espallalo mediante distintas ferramentas como a axenda escolar que entregamos a todo o alumnado do centro.
Emitimos comunicado sobre os cambios que se deron no día de hoxe na liña 4 do autobús e que seguramente impliquen unha reorganización das liñas 3 e 4 e que daremos entrada por rexistro en inspección para a súa tramitación
Estimadas Familias:
Comeza un novo curso escolar e dende a ANPA ANDAINA desexamos un bo curso escolar dentro desta anómala situación provocada pola pandemia da COVID -19.
Asociarse a un ANPA é voluntario, pero é IMPORTANTE?
Bos días,
Onte tivemos resposta ao escrito remitido no centro a semana pasada.
Aquí volo deixamos para que o poidades leer. 200916-RespostaComunicado
Un saúdo.
Onte tivemos a reunión ordinaria de final de curso, nela, a parte dos temas incluidos na orden do día, tratouse a inquedanza das familias ao que está a ocorrer.
Por maioría dos asistentes, decidiuse que a través da ANPA se visualizara ese descontento polo que vos facemos chegar tanto o comunicado que presentamos na escola hoxe mesmo aquí abaixo, cómo unha plantilla (aquí) para que cada unha das familias poidades presentar por rexistro tal cómo se acordou na reunión.