INSCRICIÓNS CERRADAS!!
Que levante a man quen teña ganiñas dunha excursión de fin de curso!!!!
Pois se levantaches a man sigue lendo, e se non a levantaches tamén que aínda estás a tempo de cambiar de opinión!.
Este ano, a excursión é a Camping Paisaxe II, esperemos que o tempo acompañe e poidamos disfrutar dunha xornada de sol, praia e area!

¿Queredes máis información? Aquí tedes tódolos detalles:
- Cando? Sábado 20 de Maio de 2023 Reserva a data na axenda!
- Temos que madrugar? Temos que estar no CEIP ás 8:50h da mañá. Os buses sairán as 9:15h en punto. Prégase non retrasarse!
- Que inclúe?
- transporte dende o CEIP ata Camping Paisaxe II e a volta
- o xantar do mediodía
- a merenda de media tarde
- actividades e xogos e os monitores dedicados @s nen@s durante estas actividades.
- os nenos e nenas irán acompañados no autobús por membros da ANPA.
- A hora da comida estarán acompañados por membros da ANPA.
- Que imos facer? Dende que chegamos ata o mediodía estaremos realizando actividades na praia, polo que se vai moita calor, acabaremos metidos na auga e pola tarde, despois de comer, realizaremos xogos varios na zona do camping.
- Se ao final, acabamos metidos na auga, como se controla o baño? Dado que non tódolos nenos querrán bañarse…haberá monitores na zona de toallas, outros vixiando dende a orilla e outros metidos na auga facendo un cordón de seguridade.
- Que pasa se chove? Pois nós encargamos sol para ese día pero… no caso que non veña, non imos quedar sen diversión: teremos actividades alternativas.
- Que hai que levar?
- Gorra e Protector solar. A primeira man, que veña posta dende a casa.
- Toalla e chanclas: ímonos mollar!!!
- Roupa: o mellor é vir co bañador posto e roupa cómoda que se poida mollar. Levar muda para cambiarse antes de comer.
- Algo para picotear a media mañá (opcional).
- Botella con auga (opcional).
- A volta? Temos previsto estar de volta no CEIP para as 18:45 h aproximadamente.
- Prezo:
- Para os socios da ANPA:
- 22€ polo 1º nen@ da unidade familiar
- 12€ polo 2º nen@ da unidade familiar
- Gratis para os seguintes nen@ da unidade familiar
- Para os non socios: 42€ / nen@
- Para os socios da ANPA:
- E como me anoto? Pois cubrindo o formulario e enviando o xustificante de pago a anpa.andaina@nontedurmas.org.
OLLO: As inscricións só se farán efectivas unha vez cuberto o formulario e o pagamento efectuado na conta da ANPA: ES68- 2080-5405-34-3040102691
Prazo para anotarse: ata o día 10 de Maio 2023
Bulide que hai prazas limitadas!
Dispoñemos dun máximo de 155 prazas. Na asignación de prazas terán preferencia os socios da ANPA. As demáis prazas asignaranse por orden de inscrición.
A ANPA resérvase o dereito a modificar en calquer momento o número de prazas dispoñibles.