Reclamación de conserxe

Como xa sabedes, levamos varios días sen conserxe no centro e parece que esta situación aínda se vai a prolongar varias semanas mais.

Dende a ANPA xa presentamos a correspondente reclamación no concello e animamos as familias que así o desexen a presentar súa propia reclamación.

Podedes presentala  a través do rexistro electrónico ou presencialmente.

Presentación presencial:

Deixámosvos un modelo de exemplo, para que o completedes cos vosos datos e o presentedes na Oficina de asistencia en materia de rexistros ( Michelena, 30 andar 0).

Rexistro electrónico:

Tedes que autenticarvos aquí . Revisades os vosos datos e podedes incluír os seguintes textos de exemplo nos cadros Expoño e Solicito:

Texto a incluír no cadro Expoño:

Como familia do CEIP A Xunqueira Nº 2 quero manifestar a miña preocupación pola situación da falta de Conserxe no noso centro.

O 11 de xaneiro notifícase ás familias que estamos sen conserxe no centro.

A ausencia de conserxe no centro implica que non se atendan as súas funcións e que as teña que realizar o persoal docente afectando de unha ou outra forma ao alumnado.

Ademais nesta situación de pandemia, a falta de conserxe provocará desaxustes nos grupos burbulla e unha repercusión no alcance do covid na escola.

Consideramos que este é un posto de traballo esencial para o bo funcionamento do centro, a tranquilidade das familias e o benestar e seguridade dos nosos fillos e fillas.

Tendo en conta que esta situación de ausencia de conserxe durante varias semanas, vense repetindo varias veces nos últimos anos.

Texto a incluír no cadro Solicito:

Que se cubra o posto de maneira inmediata para atender as tarefas propias.

Que haxa previsión de persoal para este tipo de situacións excepcionais nas que o posto de traballo queda​ desatendido ocasionando graves prexuizos ao centro, persoal, familias e alumnado.

Estamos á espera de resposta, manteremosvos informados.

Prevención do acoso escolar

Bos días a tod@s,

Hoxe queremos compartir con vós unha nova guía, para pais e profesores, sobre o acoso escolar.

¿Qué es el acoso escolar?
¿Qué es el ciberbullying?
¿A qué edad debo dar a mi hijo un móvil con conexión a internet?
¿Cómo detecto si mi hijo/a está siendo acosado?

As respostas a todas esa preguntas e moitas máis, poderedes topalas leendo este documento moi interesante.

MANUAL PADRES/PROFESORES ACOSO

E como sempre, si tendes calquer dúbida ou pregunta, aquí estamos!

Calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes públicos

RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

http://centros.edu.xunta.es/cepaxunqueiran2/?q=node%2F132

eleccionesSaúdos