Extraescolares

Extraescolares 22/23

¡Xa temos listo o cadro provisional das actividades extraescolares para o próximo curso!

Tedes máis información sobre cada actividade ao final deste texto pinchando na actividade que vos interese.

Comezarán a partir de Outubro de 2022 e rematarán en Xuño de 2023.

Ábrese un período de preinscrición no mes de Xuño para aqueles que queiran asegurar a súa praza nas actividades desexadas, e finalmente o período de inscrición definitivo dende o Xoves 1 de Setembro ata o Luns 26, para poder comezar no mes de outubro.

Non esquezas que os socios teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo esto en conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

¿Cómo facer a preinscrición en Xuño? Para facer a preinscrición debedes cubrir o formulario de preinscrición. Período de preinscrición: aberto ata o 15 de Xullo.

¿Cómo facer a inscrición? A inscrición será a partir do 1 de Setembro. Uns días antes informarémosvos nesta páxina de como realizala.

Calquera dúbida consultade connosco a través do correo anpa.andaina@nontedurmas.org ou no teléfono 616158102.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO CEIP XUNQUEIRA 2

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO CEIP XUNQUEIRA 1

Máis información:

A %d blogueros les gusta esto: