Xa falta pouquiño para as vacacións de verán!
Para os que estedes interesados deixamosvos a información das ludotecas de verán organizadas pola FANPA.
Máis información en:
Xa falta pouquiño para as vacacións de verán!
Para os que estedes interesados deixamosvos a información das ludotecas de verán organizadas pola FANPA.
Máis información en:
Bos días a tod@s!
Organizamos unha visita a Mundo Nadal, evento que está no recinto feiral do 14 de decembro ao 6 de xaneiro, onde poderemos gozar da pista de xeo, dos inchables e dos obradoiros que organizan.
Bulide que o vamos a pasar xenial!
É un programa de vivencias en familia, lecer e tempo libre dirixido ás familias do concello de Pontevedra. O obxectivo é favorecer a participación familiar en actividades e que compartan xuntos experiencias e diversión.
Inscricións : 11-17 xaneiro socios ANPAS
18-19 xaneiro resto
Toda a información e fichas de inscripción:
http://www.nontedurmas.org/blog/conta-comigo-2018/
Ola a tod@s,
Dende Silleda enviannos información sobre o Silleda Park, un parque de atraccións que estará presente durante as vacacións de Nadal no recinto da Feira Internacional de Galicia:
Quedannos a 1 hora e uns 60 kms de Pontevedra pero @s pequen@s pasaran un momento moi divertido. Eso sí, según como chegue o inverno, ollo no camiño que podedes toparvos con neve. 😉
Para máis información, tendes a sua web: http://feiragalicia.com/ga/silleda-park.html
Disfrutade!
Hoxe vaise levar a cabo, outro ano máis, a gran festa de volta ao cole en horario de 16:30 a 20:30 horas organizada pola Zona Monumental de Pontevedra.
Situaranse inchables repartidos polas diferentes zonas emblemáticas da zona monumental: (rocódromo con escalada de 8 metros, inchables saloon e crocodilo, xogos tradicionais, ludoteca e talleres, circuíto pump track, tiro con arco, táboa de surf e touro mecánico).
Do mesmo xeito que o pasado ano colaborará nesta iniciativa o Club de Waterpolo Pontevedra, que levarán a cabo a actividade “Waterpolo na Rúa” para buscar novos socios e achegar este deporte a todos os públicos. Para iso desenvolverán algúns xogos entre os que inclúe unha piscina portátil.
E para finalizar, a tradicional festa da escuma, ás 19 horas na Praza da Pedreira (Mugartegui) coa participación dun DJ.
A pasalo ben!!
Ola a todos recordade que o próximo 15 de decembro remata o prazo para facerse socio da ANPA.
Recordarvos tamen que para poder participar nas actividades extraescolares debes de ser socios. Deixamos folla de inscripción non olvidedes cubrila podedes deixala na caixa do correo do colexio o enviala o mail do ANPA.
Ao facer o ingreso se vos intentan cobrar os 3€ de cuota non paguedes poñeros en contacto con nos. Graciñas
Saúdos
Programa lúdico-educativo para o período de Nadal organizado pola FANPA en colaboración co Concello de Pontevedra. As inscripcións comenzarán o dia 21 de novenbro e ata o 25
http://www.nontedurmas.org/actividades/programa-de-ludonadal-2016/
Saúdos