Como xa sabedes, levamos varios días sen conserxe no centro e parece que esta situación aínda se vai a prolongar varias semanas mais.
Dende a ANPA xa presentamos a correspondente reclamación no concello e animamos as familias que así o desexen a presentar súa propia reclamación.
Podedes presentala a través do rexistro electrónico ou presencialmente.
Presentación presencial:
Deixámosvos un modelo de exemplo, para que o completedes cos vosos datos e o presentedes na Oficina de asistencia en materia de rexistros ( Michelena, 30 andar 0).
Rexistro electrónico:
Tedes que autenticarvos aquí . Revisades os vosos datos e podedes incluír os seguintes textos de exemplo nos cadros Expoño e Solicito:
Texto a incluír no cadro Expoño:
Como familia do CEIP A Xunqueira Nº 2 quero manifestar a miña preocupación pola situación da falta de Conserxe no noso centro.
O 11 de xaneiro notifícase ás familias que estamos sen conserxe no centro.
A ausencia de conserxe no centro implica que non se atendan as súas funcións e que as teña que realizar o persoal docente afectando de unha ou outra forma ao alumnado.
Ademais nesta situación de pandemia, a falta de conserxe provocará desaxustes nos grupos burbulla e unha repercusión no alcance do covid na escola.
Consideramos que este é un posto de traballo esencial para o bo funcionamento do centro, a tranquilidade das familias e o benestar e seguridade dos nosos fillos e fillas.
Tendo en conta que esta situación de ausencia de conserxe durante varias semanas, vense repetindo varias veces nos últimos anos.
Texto a incluír no cadro Solicito:
Que se cubra o posto de maneira inmediata para atender as tarefas propias.
Que haxa previsión de persoal para este tipo de situacións excepcionais nas que o posto de traballo queda desatendido ocasionando graves prexuizos ao centro, persoal, familias e alumnado.
Estamos á espera de resposta, manteremosvos informados.