Deixámosvos a proposta de Budo para este curso. Se estades interesados tedes que contactar con eles directamente.
Etiqueta: extraescolares
Suspensión Actividades Extraescolares
Dado o incremento de casos positivos no entorno educativo e por prevención, suspéndense ata novo aviso as extraescolares que se estaban levando a cabo en colaboración ca Xunqueira 1:
- Robótica
- Skate
- Pequebaile
- Debuxo e pintura
Estaremos pendentes da evolución da situación e informarémosvos en canto se volvan a retomar.
Verán na biblioteca
Este verán obradoiros de animación á lectura para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos na sala infantil da biblioteca.
De 4 a 7 anos:
“Contos creativos” os martes (5-12-19 e 26 ) de xullo de 11 a 12:30 h.
“Contos en Inglés” os martes (9-16-23 e 30) de agosto de 11 a 12:30 h.
De 8 a 12 anos:
“Obradoiro de Banda Deseñada” os xoves (7-14-21 e 28) de xullo de 11 a 12:30 h.
“Obradoiro de Títeres” os xoves (4-11-18 e 25 ) de agosto de 11 a 12:30 h.
A inscrición para estes obradoiros é gratuíta e faise na biblioteca. Comeza o 23 de xuño e remata o completar as prazas. Límite de 3 solicitudes por persoa, adxudicadas por orden de chegada. Pódese elixir entre os meses de xullo ou agosto
Máis información na Biblioteca Pública de Pontevedra
Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”
Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf.: 986 85 08 38/Fax: 986 86 21 27
C. Electrónico.: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
http://www.rbgalicia.org/pontevedra/
Mexturanzas
MESTURANZAS é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.
Actividades 3 a 7 anos
- Obradoiro de creatividade Sensorial
Cada sesión xirará en torno a un tema ou historia relacionada cos sentidos (o mundo de olorín oloroso, o captador de sons, o toca-toca, …) co que iremos traballando cos nenos/as a percepción sensorial do seu propio corpo e do mundo que o rodea dunha maneira lúdica e divertida
- Obradoiro de xogos e cancións
A través da proposta de diferentes xogos e cancións axeitados ás idades (simbólicos, de roda, de correr, con xestos, rítmicos ….)os nenos/as terán a oportunidade de comunicar, expresar e relacionarse cos iguais nun ambiente san e distendido, desenvolvendo ao tempo as súas capacidades motrices, creativas e imaxinativas.
- Obradoiro de barro
Traballar con barro proporciónalle ao neno/a unha experiencia multisensorial, estimula a súa imaxinación construtiva e desenvolve a súa coordinación dinámica manual : amasamos, estiramos, facemos figuras con churros, bolas, placas…
Actividades 8 a 12 anos
- Obradoiro de experimentos
Os/as nenos/as terán a oportunidade de ver, tocar e entender diferentes aspectos da física, química, bioloxía e astronomia: realizar fabulosas reaccións químicas, saber todo sobre a composición dos alimentos, observar as bactérias ao microscópio, construir pequenos aparatos científicos (densímetros, hidrómetros, ….)
- Xogos populares e tradicionais
A partires de xogos de toda a vida, os nenos aprenderán a relacionarse dun xeito aberto, curioso e participativo con outros nenos/as, coñecendo e estimando o seu patrimonio cultural e oral. Habendo tamén un espazo para convidar aos pais e nais a compartir cos fillos/as os xogos que practicaban na súa infancia
- Obradoiro de cerámica e modelado
Neste obradoiro o/a neno/a adquirira as técnicas e os coñecementos do modelado básico para traballar libremente a cerámica; achegándoo a busca da expresividade, da creación manual a través do modelado de obxectos tanto utilitarios coma esculturais.
Actividades Pais e nais
- Risoterapia e xestión do estres
Este obradoiro quere brindar aos pais e nais un espazo para desfacerse do estres semanal e dotalos de ferramentas e estratexias para saber xestionalo dunha maneira lúdica e creativa.
- Danzas do mundo
Un espazo de encontro a través das danzas e as músicas tradicionais de diferentes pobos do mundo. Non fai falta ter experiencia previa, as danzas serán dun nivel inicial e medio en canto a dificultade.
Actividades en familia
- Patinaxe
O obxectivo deste obradoiro e o de divertirse e aprender a patinar en familia con exercicios técnicos propios deste deporte e xogos de todo tipo adaptados e aplicados aos patíns.
- Sendeirismo e Tempo Libre
Proporcionar ás familias unha ocasión de convivencia, lecer e coñecemento do noso entorno natural e cultural.
Campamentos de Verán 2011
Orde do 21 de febreiro de 2011 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2011 e se procede á súa convocatoria.
* Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os mozos e mozas de 9 a 18 anos.
*Prazo de solicitude: Do 8 ao 22 de marzo de 2011.