Excursión de fin de curso 2021/2022

Que levante a man quen teña ganiñas dunha excursión de fin de curso!!!!

Pois se levantaches a man sigue lendo, e se non a levantaches tamén que aínda estás a tempo de cambiar de opinión xa que este curso retomamos a nosa excursión de fin de curso.

Este ano, a excursión é a El Kiriko, os pobres animais levan agardando por nós dende o 2020 que lle prometeramos una visitiña. Así que este ano que alegría van a levar en canto nos vexan!

¿Queredes máis información? Aquí tedes  tódolos detalles:

  • Cando? Sábado 28 de Maio 2022 Reserva a data na axenda!
  • Temos que madrugar? Temos que estar no CEIP ás 9:00h da mañán. Os buses sairán as 9:30h en punto. Prégase non retrasarse!
  • Que inclúe?
    • transporte dende o CEIP ata El Kiriko e a volta
    • tentempé de media mañá
    • o xantar do mediodía
    • a merenda de media tarde
    • actividades e xogos e os monitores dedicados @s nen@s durante estas actividades.
    • os nenos e nenas irán acompañados no autobús por membros da ANPA.
    • A hora da comida estarán acompañados por membros da ANPA.
  • Que imos facer? Actividades da granxa e se fai bo tempo actividades acuáticas, xogos, gimkanas
  • Que pasa se chove? Pois nós encargamos sol para ese día pero… no caso que chova non imos quedar se diversión: teremos actividades con animais e actividades en interior  
  • Que hai que levar?
    • Gorra e Protector solar. A primeira man, que veña posta dende a casa.
    • Toalla e chanclas: a piscina non está dispoñible nestas datas pero ímonos mollar!!!
    • Roupa: o mellor é vir co bañador posto e roupa cómoda que se poida mollar. Levar muda para cambiarse pola tarde para volver.
  • A volta? Temos previsto estar de volta no CEIP para as 18:30 h aproximadamente.
  • Prezo:
    • Para os socios da ANPA:
      • 20€ polo 1º nen@ da unidade familiar
      • 10€ polo 2º nen@ da unidade familiar
      • Gratis para os seguintes nen@ da unidade familiar
    • Para os non socios: 40€ / nen@
  • E como me anoto? Pois cubrindo o formulario e enviando o xustificante de pago a anpa.andaina@nontedurmas.org.


OLLO: As inscricións só se farán efectivas unha vez cuberto o formulario e o pagamento efectuado na conta da ANPA: ES68- 2080-5405-34-3040102691

Prazo para anotarse: ata o día 8 de Maio 2022

Bulide que hai prazas limitadas!

Dispoñemos de 170 prazas. Na asignación de prazas terán preferencia os socios da ANPA (139). As demáis prazas asignaranse por orden de inscrición.