Tes dúbidas de se facerte socio da ANPA? Non tes moi claro para que serve a ANPA do Cole? Nestas imaxes explicámosvos que facemos na ANPA e cales son os beneficios para os socios.
Anímate!! Todo son vantaxes!! E se che queda algunha dúbida, podes contactar connosco en anpa.andaina@nontedurmas.org.
Todos coincidimos en que o nome XUNTA DIRECTIVA asusta un pouco pero nos guste ou non para que haxa ANPA temos que ter unha Xunta Directiva. Ademais do nome, o que vos preocupa a maioría son os horarios:
A maiores das reunións/asembleas as que vos convocamos ás familias durante o curso (se todo vai ben 2 ou 3 ao longo do curso), xuntámonos un par de veces máis. Case todo o tratamos nun grupo de whatsapp, salvo que sexa un tema que vemos que se alarga ou é mellor tratalo en persoa. Para xuntarnos tratamos de buscar un momento que lle veña ben a todos pero se algún non pode asistir non pasa nada. Despois poñémolo ao día.
Canto teño que adicarlle? unha tarde a semana? Un par de horas? Pois non temos horarios, cada un xestiona o seu tempo, en función do que te estes encargando. Igual pasas semanas sen facer nada como de repente tes que algo que facer durante varios días seguidos. O ideal e repartir as tarefas de forma que cada tarefa este asignada a unha persoa aínda que despois poidan axudarlle algún máis. Cando hai algunha tarefa nova repartímola en función de quen pode, sabe ou lle apetece encargarse.
A maioría das xestións poden facerse dende a casa, preparar algún escrito, contestar aos emails, publicar no blogue, pedir orzamentos para actividades e contratalas (excursión, autobús, seguro, charlas…) polo que o podedes adaptar o voso horario.
Outras temos que facelas en persoa, como por exemplo comprar os agasallos de Nadal, e levalos ao cole, pero todo se pode facer con antelación, adaptándonos aos horarios de cada un.
Pois quen mellor que ti para dicirnos como nos podes axudar?
Queres propoñernos algunha actividade, taller, excursión para os nenos, os pais/nais ou as familias? Xenial, fala con nos e vemos se podemos levalo a cabo, e se podes axudarnos a poñelo en marcha moito mellor.
Estás mercando zapatos para os peques ou cortando o pelo por poñer un exemplo, pois aproveita e pregunta se farían descontos aos socios da ANPA.
Queres que contemos contigo para cando necesitemos xente de apoio para algunha actividade? Benvido: cando precisemos xente avisámoste e se queres e podes colaborar nese intre ben e senón deixámolo para a próxima.
De que tipo de actividades estamos falando? Excursión, Rastrexo, algunha festa… Pero non todo e diversión. En ocasións necesitamos consultar algunha dúbida, así que se pensas que podes axudarnos con algún dos seguintes puntos (ou algún outro que se che ocorra) ponte en contacto con nos:
– Consultas fiscais, ou contables
– Consultas sobre Protección de Datos
– Revisar algún escrito antes de que o presentemos na administración
Como sabedes, onte a tarde convocamos as familias que tiñan preguntas sobre as extraescolares e o funcionamento da ANPA para tratar de aclarar esas dúbidas. Se aínda tedes algunha pregunta podedes trasladárnola por email. Para o que si nos serviu a nós a reunión foi para recoller algunha das vosas propostas:
Contar cas familias socias cando necesitemos que nos boten una man
Dar visibilidade ao traballo que supón estar na Directiva xa que a principal dúbida a hora de presentarse e se vos vai a quitar moito tempo.
Así que tomámosvos a palabra, e iremos ampliando estes puntos en próximas entradas no blogue.
E o punto máis importante:
¿Imos ter ANPA este curso? Si, xa temos xente para continuar ca Xunta Directiva.
Pero as portas seguen abertas. Imos agardar esta semana para aqueles que aínda o estades pensando. Así que xa sabedes, mandádenos un mail antes de que remate a semana porque a próxima semana queremos quedar cos que se animan para facer xa o cambio da Xunta Directiva.
Ola a tod@s as familias do CEIP Xunqueira II! Empezamos novo curso escolar e por iso dende a xunta directiva da Anpa Andaina convidámosvos a reunión de principio de curso que se celebrará o próximo Mércores 14 de Setembro .
DÍA: Mércores 14 / 09 / 2022
LUGAR: Patio do CEIP Xunqueira 2
HORA: única convocatoria ás 19:15h
Lembrámosvos que en Xuño non poidemos facer a renovación da Xunta directiva por falta de voluntarios, pero varios membros causaran baixa este curso así que se estás interesado en formar parte da Xunta Directiva contacta con nos por email.
A día de hoxe non temos o número mínimo de membros para poder renovar a Xunta Directiva polo que se non se presentan novos candidatos a nosa ANPA desaparecerá.
Actividades extraescolares que sí empezan: ROBÓTICA, PATINAXE, PRE-DANZA URBANA, DANZAS URBANAS, BALONMÁN, TAEKWONDO, PLÁSTICA (Mércores 16:30-17:30), ESCULTURA e TEATRO (Xoves 16.30-17:30), DEBUXO E PINTURA E SKATE.NON EMPEZAN (por non conseguirse número mínimo de nen@s): CORO, MÚSICA, PLASTIC FANTASTIC, TEATRO (17:30-18:30), COCIÑA, RÍTMICA, COMUNÍCATE COA LINGUAXE DE SIGNOS, INGLÉS (primaria/ martes), INGLÉS CONVERSA (primaria/mércores), INGLÉS INFANTIL (luns), deixamos aberta inscrición este mes de Outubro en Inglés infantil.
As actividades extraescolares comezarán a primeira semana de Outubro no horario previsto e rematarán en Xuño de 2023.
O periodo de inscrición vai dende o 1 de Setembro ata o 30 de Setembro. Durante o curso escolar a inscrición farase polo mesmo sistema antes do día 20 do mes anterior.
Aqueles que xa cubrístedes o formulario de preinscrición, xa tedes reservada a vosa praza, pero tedes que confirmar a inscrición en Setembro directamente cas empresas ou clubes.
Non esquezas que os socios teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo esto en conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.
¿Cómo facer a inscrición?
A forma de inscrición dependerá de cada clube ou empresa. Algúns xa facilitan un link directo de inscrición ou dende a súa páxina web e outros facilitan un teléfono de contacto/mail (máis información ó final deste texto pinchando en cada actividade). Teredes que poñervos en contacto con eles para confirmar a vosa praza ó longo do mes de Setembro.
A folla de inscrición cuberta das actividades ofertadas pola empresa ANIAS (realizaranse no CEIP Xunqueira 1) enviarase a través do correo electrónico: extraescolares@anias.es ou persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray nº39.
Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. Esta comunicación realizarase mediante notificación ó/á monitor/a da actividade e por escrito vía correo electrónico, indicando o nome da actividade, datos do/a neno/a e motivo do cambio ou baixa.
Coro, Música, Escultura, Plastic Fantastic, Plástica e Teatro (ESTUDO BONOBO). Para confirmar a inscrición manda o Formulario de inscrición ao mail estudobonobo@gmail.com.
Pre-Danza Urbana, Danzas Urbanas, Ximnasia Rítmica (GETTING JIGGY DANCE STUDIO). Para confirmar a inscrición cubre e manda o Formulario de inscrición ó mail gettingjiggy.info@gmail.com. Ou tamén podes reservar a praza por mail indicando o nome da nena ou neno e cubrir o formulario o primeiro día de clase (levará a profesora).
Balonmán. Envía un mail co nome da nena ou neno a sdteucro@teucro.es para solicitar a túa inscrición ou ponte en contacto con eles a través dos números de teléfono que aparecen no documento (SOCIEDAD DEPORTIVA TEUCRO). A atividade será no Pavillón Multiusos.
Achegamos a carta informativa que nos pasan dende Arume para a renovación ou a nova contratación dos servizos de almorzos e de comedor para o novo curso escolar 22-23.
Nela tedes toda a información para poder realizar as xestións que necesitedes.
Lembrámosvos que o servizo de contratación para o mes de setembro mantense aberto ata o venres 2 de setembro.
Os demais meses tal e como vén indicado na información da carta para contratación dos servizos fixos ou modificacións deberán ser comunicadas ata o día 25 de cada mes.
Como indican na carta, se tedes algunha dúbida ou consulta están á vosa disposición para atendervos no teléfono de atención ás familias 942 42 00 18 ou tamén por correo electrónico en: soporteapp@colechef.com.
Prazas esgotadas. As solicitudes pasarán a unha lista de agarda.
Ola Familias!
Estamos organizando unha excursión para o sábado día 17 se Setembro as Illas Cíes e o Barrio Mariñeiro de O Berbés dentro do programa En Ruta coa Depo da Deputación de Pontevedra
“En ruta coa Depo” é un programa que leva a cabo a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, dirixido a entidades sen ánimo de lucro, a través do que se lles ofrecen alternativas de ocio e de tempo libre aos distintos colectivos sociais da provincia, coa finalidade de fomentar o tecido asociativo e a convivencia e, ao mesmo tempo, promover e dar a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.
Este programa ten por obxecto a concesión dunha excursión dentro da provincia de Pontevedra á entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de fomentar o tecido asociativo á vez que promociona e dá a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.
O programa consiste en pasar un día coñecendo os lugares sinalados na ruta asignada cunha persoa do equipo de guías, e inclúe o xantar e o transporte. As persoas que participen no programa deberán ser socias ou familiares das socias das entidades solicitantes.
A ANPA Andaina presentou a solicitude para participar neste programa e concedéronos 54 prazas para a ruta Illas Cíes e o Barrio Mariñeiro de O Berbés.
Illas Cíes e o Barrio Mariñeiro de O Berbés Data: Sábado 17 de Setembro Inclúe: desprazamento de ida e volta en autobús, a visita guiada por unha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia e a comida tipo picnic Prezo: 13,50€ por persoa (para nenos e nenas de ata 12 anos, a asistencia é gratuíta)
As prazas adxudícanse por orden de solicitude. Contactaremos coas familias que obteñan praza para solicitar os datos dos participantes, e indicar como proceder co pago. As reservas son por familia, indicando o número de prazas solicitadas.
So poden participar as familias socias (pai, nai, titor legal e os seus fillos e fillas ainda que non sexan alumnos do centro). Os nenos non poderán participar solos, deben ir acompañados por un ou dous adultos (pai, nai, titor legal).
Para solicitar praza debes cubrir o seguinte formulario:
Tal cómo vos comentábamos días atrás, acabamos de presentar por sede electrónica da Xunta de Galicia o documento que podedes atopar mais abaixo e agradecemo-la labor de tódalas familias que se están movilizando para tratar de revertir esta situación.
Non aos recortes en educación!
Podedes usar cómo base ou directamente para presentar vós tamén a queixa a través da oficina virtual da Xunta de Galicia, indicando cómo destinatario CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVSERSIDADE e XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADES DE PONTEVEDRA