Exposición-Obradoiro de debuxo para nenos e nenas

Anabel Gaudioso, Antía Díaz, Soledad Ferreiro e Julia Ferradás , alumnas de Belas Artes, propoñen a exposición–obradoiro “ARTISTEA: proxecto artístico de e para os nenos e as nenas” .
Proxecto que consta dun obradoiro de debuxo e da exposición das obras que nel se realicen.
O obradoiro está pensado para un total de 20 nenos/as de idades entre 4 e 6 anos. Traballarán coas cores: vermello, verde, laranxa e azul e o seu traballo verase recompensado coa exposición das súas obras no vestíbulo da biblioteca do 17 de novembro ata o 15 de decembro

Data de realización do obradoiro: mércores 9 de novembro
Horario: 17:00 a 19:00 h.
Público: nenos/as de 4 a 6 anos
Lugar : Sala infantil
Prazas limitadas
Inscricións a partir do 2 de novembro:
– No correo-e: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
– No tef. 986 850838 ou na biblioteca, 3ª planta de 9 a 14 h.
Exposición dos traballos do 17 de novembro ata o 15 de decembro no vestíbulo da Biblioteca Pública “Antonio Odriozola”.

Hoxe contacontos na Biblioteca Pública

A Biblioteca Pública de Pontevedra organiza hoxe, mércores 19 de outubro, unha sesión de contacontos con Pepa, mariscadora de cuentos “Viaje al mundo de una gota de agua”.
Pretende ensinar a nenos e nenas o ciclo da auga. Cantando e adiviñando pretende chegar a porto.
Recomendado para nenos/as a partir de 4 anos.
Horario : 18:00 h Lugar: Sala infantil. Entrada libre. Aforo limitado

Comienzo de actividades extraescolares

La semana que viene, primera de Octubre, comienzan las actividades extraescolares: Cocina creativa (Martes de 16:30 a 17:30), baile (Lunes de 16:30 a 18:00) , patinaje (Miércoles de 16:15 a 17:15) y Taekwon-do (Lunes de 16:00 a 17:00).
El resto de actividades comenzarán con normalidad.

Las actividades de manualidades y Obradoiro de prensa no comenzarán de momento porque no ha habido suficientes solicitudes.

Xornadas sobre sistemas de uso seguro de internet na infancia

O colexio oficial de enxeñeiros de telecomunicación e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan as xornadas sobre
SISTEMAS DE USO SEGURO DE INTERNET NA INFANCIA.
VIXILANCIA E CONTROL DO USO DE INTERNET
está dirixida a nais e pais de alumnos dos centros escolares e ou persoas interesadas na materia. Será o Luns 16 de Novembro na Fac. CC e da Comunicación Campus A Xunqueira s/n, hai duas quendas as 16:00h. e as 18:30 h. Mais información no Tlf. 981 919 300 ou na Web: www.aetg.org

Carpa intercultural Sahara en Pontevedra

O vindeiro venres vaise celebrar unha carpa intercultural para despedir aos nenos e nenas do Sahara que pasan o verán en Pontevedra a través do Programa Vacacións en Paz 2011.

A celebración será este venres 26 de agosto de 11.00h a 13.00h e das 16.00h a 20.00h, na Praza de España de Pontevedra, sendo a charla de Ramón Boán, coñecedor da realidade nos campamentos saharauis as 19.00h.

Nuevo director y actividades extraescolares del próximo curso

Ya tenemos nuevo director en el colegio,  Jesús Bugallo Varela, y daba clase en 5º y lleva dos años en el Colegio.

Desde el ANPA estamos ya trabajando en la planificación de las actividades extraescolares que tendremos el próximo curso. Si tenéis cualquier comentario o sugerencia podeis indicarlo aquí.

Un saludo y feliz verano.

TEATRO / MONICREQUES / CONTOS PARA NENOS

TEATRO / MONICREQUES  / CONTOS PARA NENOS

VENRES 24 DE XUÑO

“Tomasa que che pasa” de Duende Sico

Público familiar
Horario: 18:30 h
Lugar: Salón de actos da Biblioteca

Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”
Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf.: 986 85 08 38/Fax: 986 86 21 27
C. Electrónico.: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
http://www.rbgalicia.org/pontevedra/