Comedor e Madruga curso 2022-2023

Achegamos a carta informativa que nos pasan dende Arume para a renovación ou a nova contratación dos servizos de almorzos e de comedor para o novo curso escolar 22-23.

Nela tedes toda a información para poder realizar as xestións que necesitedes.

Lembrámosvos que o servizo de contratación para o mes de setembro mantense aberto ata o venres 2 de setembro.

Os demais meses tal e como vén indicado na información da carta para contratación dos servizos fixos ou modificacións deberán ser comunicadas ata o día 25 de cada mes.

Como indican na carta, se tedes algunha dúbida ou consulta están á vosa disposición para atendervos no teléfono de atención ás familias 942 42 00 18 ou tamén por correo electrónico en: soporteapp@colechef.com.