Grazas aos que fixestes posible o II Rastrexo Infantil

Noraboa a todolos equipos que participaron no II Rastrexo Infantil – Os Jedi en Pontevedra (2022) e especialmente aos tres primeiros clasificados

  1. Halcon Milenario (CEIP Froebel)
  2. Os correcamiños (CEIP Xunqueira II)
  3. Los Padawan de Barcelos (CEIP Praza de Barcelos)

Nesta ocasión, os xoves Padawan tiñan que superar 6 probas para chegar a ser un Auténtico Mestre Jedi:

  1. A proba de Pericia
  2. A proba de Percepción
  3. A proba de Sabiduría
  4. A proba de Coraxe
  5. A proba de Espíritu
  6. A proba de Coñecemento

E o máis importante de todo é que para superar esas probas debían traballar en equipo realizando un percorrido guiándose por puntos de compás mentras executaban as probas e atopaban as letras agochadas ao longo do percorrido para formar unha frase con esas letras.

Ademáis había unha proba secreta que non lle foi comunicada aos xoves Padawan. De superar esta proba convertiríanse directamente en Mestres Jedi independentemente do resultado das demais probas. E esta proba, que consistía en pasalo ben nunha xornada entre amigos, foi superada por todos os participantes.

Moitos equipos aparcastes as ganas de gañar o rastrexo en favor da diversión e o compañeirismo, ata o punto de olvidar que estábades competindo: houbo algunhas probas nas que moitos equipos pasastes máis tempo do necesario para que poidesen participar todos os membros do equipo aínda que a proba xa estivese puntuada. Esa actitude encántanos!!!!!

Finalizado o rastrexo queremos dar as grazas a todos os que fixestes posible que isto saíse adiante.

Queremos dar as grazas a todos os equipos que participaron, xa que sen equipos non hai rastrexo, ao Concello de Pontevedra e particularmente a Área de Deportes que nos axudou cos carteis, mochilas e medallas, a Froiz que colaborou co avituallamento para repoñer forzas durante as probas, ao CEIP Xunqueira II por facer máis doado o noso traballo e por suposto aos voluntarios que axudaron antes, durante e despois do rastrexo entre os que se atopan: membros da directiva da ANPA, pais e nais, peques, mestres e Carol e os seus amigos organizadores de rastrexos.

Agardamos vervos a todos en próximas edicións!

II Rastrexo infantil – Os Jedi en Pontevedra

O vindeiro día 11 de xuño, con motivo do día da familia, levaremos a cabo un rastrexo infantil por equipos con brúxula.

Poderá participar todo o alumnado que estea cursando entre 1° e 6° de primaria inclusive en calquera colexio do concello de Pontevedra.

A inscrición será por equipo con un mínimo de 6 e un máximo de 10 membros, dos cales 2 deberán de ser persoas adultas. O prezo de inscrición será de 1€ por persoa.

Cada equipo deberá traer:

  • 1 compás (“brújula”)
  • 1 caderno
  • 1 bolígrafo
  • 1 chaleco reflectante para @ capitán(/a)

O lugar de saída será o patio do CEIP A Xunqueira 2 a partir das 9 da mañá.
Na metade do recorrido teremos avituallamento para todos @s participantes ademais de premios para os 3 primeiros clasificados.

A inscrición estará aberta entre o 8 de maio e o 8 de xuño, con un límite de 50 equipos. Para inscribirse, basta con cubrir o seguinte formulario. A inscrición non será válida en canto non se faga o pagamento da cantidade correcta na conta da ANPA ES68-2080-5405-34-3040102691, estipulando como concepto o nome do equipo participante.

Formulario de inscrición

rastrexo

Que a forza estea contigo!

Colabora:

logo xunqueira 2 mapa de bits con transparencia

Logotipo Concello Pontevedra e Deportes

FROIZ Logo sass CMYK