Exposición-Obradoiro de debuxo para nenos e nenas

Anabel Gaudioso, Antía Díaz, Soledad Ferreiro e Julia Ferradás , alumnas de Belas Artes, propoñen a exposición–obradoiro “ARTISTEA: proxecto artístico de e para os nenos e as nenas” .
Proxecto que consta dun obradoiro de debuxo e da exposición das obras que nel se realicen.
O obradoiro está pensado para un total de 20 nenos/as de idades entre 4 e 6 anos. Traballarán coas cores: vermello, verde, laranxa e azul e o seu traballo verase recompensado coa exposición das súas obras no vestíbulo da biblioteca do 17 de novembro ata o 15 de decembro

Data de realización do obradoiro: mércores 9 de novembro
Horario: 17:00 a 19:00 h.
Público: nenos/as de 4 a 6 anos
Lugar : Sala infantil
Prazas limitadas
Inscricións a partir do 2 de novembro:
– No correo-e: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
– No tef. 986 850838 ou na biblioteca, 3ª planta de 9 a 14 h.
Exposición dos traballos do 17 de novembro ata o 15 de decembro no vestíbulo da Biblioteca Pública “Antonio Odriozola”.

Teatro Infantil

O VENRES 28 OUTUBRO 2011

Na Biblioteca Pública de Pontevedra a obra “CAMA E CONTO” de Babaluva dentro do programa de actividades culturais “Letras vivas” da Consellería de Cultura e Turismo.

Malva devece por que a súa nai lle lea un conto antes de ir a durmir. Con estas historias viaxa ata un mundo de maxia e de fantasía onde todo é posible….

Público infantil. Recomendado a partir de 4 anos.
Horario : 18:30 h.
Lugar: Salón de actos da Biblioteca

Blog do ANPA Andaina do CEP Xunqueira II de Pontevedra

Benvidos ao Blog da ANPA Andaina do CEP Xunqueira II de Pontevedra.

Bienvenidos al Blog del ANPA Andaina del CEP Xunqueira II de Pontevedra.

Este blog pretende ser de utilidade para os pais e nais dos nenos e nenas do CEP Xunqueira II, polo que vos agradezo calquer suxerencia destinada a melloralo. Un saúdo dende a ANPA.

Este blog pretende ser de utilidad para los padres y madres de los niños y niñas del CEP Xunqueira II. Os agradezco cualquier comentario o sugerencia con el fin de mejorarlo. Un saludo desde el ANPA.