Obradoiro de muralismo

Estimadas Familias,

Un ano mais, o proxecto Axendando Igualdade da Anpa Andaina foi seleccionado como beneficiaria do programa de subvencións convocadas pola Consellería de Emprego e Igualdade, financiadas en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero convocada mediante resolución de 8 de enero de 2021 (DOG 28 de 11 de febreiro).

Con esta convocatoria a Secretaría Xeral de Igualdade busca promover a formación, sensibilización, información das familias e asociacións de nais e pais na perspectiva de xénero, concienciando ás fillas e fillos, aos estudantes e á comunidade educativa sobre os estereotipos de xénero existentes e facer visible as mulleres e as nenas promovendo relacións respectuosas e iguais que eviten a violencia de xénero.
Nós compartimos este ideario e queremos espallalo mediante distintas  actuacións coa participación e colaboración do Concello de Pontevedra, como anos anteriores entregaremos ao alumnado as axendas pola igualdade de xénero.

Pero antes do comezo do cole temos planificado para os días 06 – 07 – 08 de setembro un Obradoiro de Muralismo mediante a técnica do graffiti coa igualdade e o feminismo como protagonista da obra, impartido por Nana referente nesta disciplina artística de arte urbano.
O obradoiro está dirixido ao alumnado do CEIP A XUNQUEIRA Nº 2 de idades comprendidas entre entre 08 e 12 anos.

LUGAR: Patio do colexio do CEIP A XUNQUEIRA Nº 2
QUENDAS: 06 – 07 – 08 Setembro
Horario:  De 10.00 a 13.00 horas
Data límite para anotarse: 03 de Setembro

As familias recibirán confirmación, ben vía telefónica ou mail, coas instruccións concretas da actividade (entrega e recollida, vestiario recomendado, etc.). En caso de exisistir máis solicitudes que prazas a adxudicación será por orde de entrada. Animámosvos a que apuntedes aos vosos cativos e vosas cativas, pasarán un rato entretido realizando este mural colaborativo.

Debido as restriccións da COVID únicamente dispoñemos de 6 prazas por quenda asi que bulide! 

MEDIDAS PREVENCIÓN COVID – 19

  • Repartiránse un par de luvas de traballo por cada persoa en cada xornada de traballo.
  • Os materiais e ferramentas se entregarán a cada persoa non podendo ser compartidos entre o alumnado.
  • Dispoñerase de xel hidroalcólico para a correcta desinfección de ferramentas e materiais.
  • As asistentes deberán facer uso obligatorio de máscara durante toda a xornada de traballo
  • As asistentes deberán respectar a distancia de seguridade de de 1,5 metros sempre a cando sexa posible.

INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO (Formulario)

Exposición-Obradoiro de debuxo para nenos e nenas

Anabel Gaudioso, Antía Díaz, Soledad Ferreiro e Julia Ferradás , alumnas de Belas Artes, propoñen a exposición–obradoiro “ARTISTEA: proxecto artístico de e para os nenos e as nenas” .
Proxecto que consta dun obradoiro de debuxo e da exposición das obras que nel se realicen.
O obradoiro está pensado para un total de 20 nenos/as de idades entre 4 e 6 anos. Traballarán coas cores: vermello, verde, laranxa e azul e o seu traballo verase recompensado coa exposición das súas obras no vestíbulo da biblioteca do 17 de novembro ata o 15 de decembro

Data de realización do obradoiro: mércores 9 de novembro
Horario: 17:00 a 19:00 h.
Público: nenos/as de 4 a 6 anos
Lugar : Sala infantil
Prazas limitadas
Inscricións a partir do 2 de novembro:
– No correo-e: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
– No tef. 986 850838 ou na biblioteca, 3ª planta de 9 a 14 h.
Exposición dos traballos do 17 de novembro ata o 15 de decembro no vestíbulo da Biblioteca Pública “Antonio Odriozola”.