Actualmente vivimos nunha sociedade que vive pegada a un dispositivo con acceso a internet constante. Xa sexa un teléfono, un reloxo ou o televisor do salón.
Internet é o lugar onde podemos viaxar sen movernos do sitio a lugares paradisíacos ou atopar cursos de formación que nos permiten aprender outros idiomas, bailes e calquer cousa que se nos pase pola cabeza.
Sen embargo, internet tamén está cheo de perigos para nós e para os nosos fillos.
Cómo adultos debemos coñecer a qué se van enfrentar os nosos fillos cando estén conectado a un dispositivo con internet.
Coñecendo isto, poderemos actuar de forma correcta para evitar posibles problemas.
Non te perdas o taller de Perigos en Internet:
– Día: xoves, 21 de outubro
– Hora: 19.15h
– Lugar: plataforma Zoom
Inscrición necesaria para recibir o enlace para acceder a sesión online.
