EN RUTA COA DEPO 2022

Prazas esgotadas. As solicitudes pasarán a unha lista de agarda.

Ola Familias!

Estamos organizando unha excursión para o sábado día 17 se Setembro as Illas Cíes e o Barrio Mariñeiro de O Berbés dentro do programa En Ruta coa Depo da Deputación de Pontevedra

En ruta coa Depo” é un programa que leva a cabo a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, dirixido a entidades sen ánimo de lucro, a través do que se lles ofrecen alternativas de ocio e de tempo libre aos distintos colectivos sociais da provincia, coa finalidade de fomentar o tecido asociativo e a convivencia e, ao mesmo tempo, promover e dar a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.

Este programa ten por obxecto a concesión dunha excursión dentro da provincia de Pontevedra á entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de fomentar o tecido asociativo á vez que promociona e dá a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade. 

O programa consiste en pasar un día coñecendo os lugares sinalados na ruta asignada cunha persoa do equipo de guías, e inclúe o xantar e o transporte. As persoas que participen no programa deberán ser socias ou familiares das socias das entidades solicitantes.

A ANPA Andaina presentou a solicitude para participar neste programa e concedéronos 54 prazas para a ruta Illas Cíes e o Barrio Mariñeiro de O Berbés.

Illas Cíes e o Barrio Mariñeiro de O Berbés
Data: Sábado 17 de Setembro
Inclúe: desprazamento de ida e volta en autobús, a visita guiada por unha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia e a comida tipo picnic
Prezo: 13,50€ por persoa (para nenos e nenas de ata 12 anos, a asistencia é gratuíta)

As prazas adxudícanse por orden de solicitude. Contactaremos coas familias que obteñan praza para solicitar os datos dos participantes, e indicar como proceder co pago. As reservas son por familia, indicando o número de prazas solicitadas.

So poden participar as familias socias (pai, nai, titor legal e os seus fillos e fillas ainda que non sexan alumnos do centro). Os nenos non poderán participar solos, deben ir acompañados por un ou dous adultos (pai, nai, titor legal).

Para solicitar praza debes cubrir o seguinte formulario: