Charla: Ferramentas de supervisión parental

Para completar a charla de Perigos de Internet, decidimos facer unha segunda charla para que os pais coñezamos de primeira man, as ferramentas que nos poden axudar a supervisar o acceso a determinados sitios ou asegurarnos de que só usaran os dispositivos un tempo limitado e controlado.

A charla será de tipo online para que asistades dende calquer lugar e poidades descubrir cómo supervisar o uso dos dispositivos con internet.

Lugar: Zoom (online, o enlace enviarase o día da charla previa inscrición)
Día: 28/10/2021
Hora: 19.15h

Para poder participar é necesario inscrición previa neste formulario.

Charla: Perigos de internet

Actualmente vivimos nunha sociedade que vive pegada a un dispositivo con acceso a internet constante. Xa sexa un teléfono, un reloxo ou o televisor do salón.

Internet é o lugar onde podemos viaxar sen movernos do sitio a lugares paradisíacos ou atopar cursos de formación que nos permiten aprender outros idiomas, bailes e calquer cousa que se nos pase pola cabeza.

Sen embargo, internet tamén está cheo de perigos para nós e para os nosos fillos.

Cómo adultos debemos coñecer a qué se van enfrentar os nosos fillos cando estén conectado a un dispositivo con internet.

Coñecendo isto, poderemos actuar de forma correcta para evitar posibles problemas.

Non te perdas o taller de Perigos en Internet:
– Día: xoves, 21 de outubro
– Hora: 19.15h
– Lugar: plataforma Zoom

Inscrición necesaria para recibir o enlace para acceder a sesión online.

Formulario de inscrición