Exposición-Obradoiro de debuxo para nenos e nenas

Anabel Gaudioso, Antía Díaz, Soledad Ferreiro e Julia Ferradás , alumnas de Belas Artes, propoñen a exposición–obradoiro “ARTISTEA: proxecto artístico de e para os nenos e as nenas” .
Proxecto que consta dun obradoiro de debuxo e da exposición das obras que nel se realicen.
O obradoiro está pensado para un total de 20 nenos/as de idades entre 4 e 6 anos. Traballarán coas cores: vermello, verde, laranxa e azul e o seu traballo verase recompensado coa exposición das súas obras no vestíbulo da biblioteca do 17 de novembro ata o 15 de decembro

Data de realización do obradoiro: mércores 9 de novembro
Horario: 17:00 a 19:00 h.
Público: nenos/as de 4 a 6 anos
Lugar : Sala infantil
Prazas limitadas
Inscricións a partir do 2 de novembro:
– No correo-e: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
– No tef. 986 850838 ou na biblioteca, 3ª planta de 9 a 14 h.
Exposición dos traballos do 17 de novembro ata o 15 de decembro no vestíbulo da Biblioteca Pública “Antonio Odriozola”.

Verán na biblioteca

Este verán obradoiros de animación á lectura para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos na sala infantil da biblioteca.

De 4 a 7 anos:

“Contos creativos” os martes (5-12-19 e 26 )  de xullo de 11 a 12:30 h.

“Contos en Inglés” os martes (9-16-23 e 30)  de agosto  de 11 a 12:30 h.

De 8 a 12 anos:

“Obradoiro de Banda Deseñada” os xoves (7-14-21 e 28) de xullo de 11 a 12:30 h.

“Obradoiro de Títeres”  os xoves (4-11-18 e 25 ) de agosto de 11 a  12:30 h.

A inscrición para estes obradoiros é gratuíta e faise na biblioteca. Comeza o 23 de xuño e remata o completar as prazas. Límite de  3 solicitudes por persoa, adxudicadas por orden de chegada. Pódese elixir entre os meses de xullo ou agosto

Máis información na Biblioteca Pública de Pontevedra

Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”
Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf.: 986 85 08 38/Fax: 986 86 21 27
C. Electrónico.: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
http://www.rbgalicia.org/pontevedra/

Contacontos na Biblioteca Pública de Pontevedra

“POLO CORREO DO VENTO” CON MAU E PIN

O vindeiro venres 18  de marzo  ás 18:00 h.
visitaranos un dos carteiros de “Polo correo do vento” para contarnos algunha das súas emocionantes historias.

Recomendado para nenos/as de 4 a 8 anos.
Lugar: Sala infantil da Biblioteca Pública de Pontevedra
Entrada libre. Aforo limitado

Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”
Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf.: 986 85 08 38/Fax: 986 86 21 27
C. Electrónico.: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
web da biblioteca pública de pontevedra