Mexturanzas

MESTURANZAS é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

Actividades 3 a 7 anos

  • Obradoiro de creatividade Sensorial

Cada sesión xirará en torno a un tema ou historia relacionada cos sentidos (o mundo de olorín oloroso, o captador de sons, o toca-toca, …) co que iremos traballando cos nenos/as a percepción sensorial do seu propio corpo e do mundo que o rodea dunha maneira lúdica e divertida

  • Obradoiro de xogos e cancións

A través da proposta de diferentes xogos e cancións axeitados ás idades (simbólicos, de roda, de correr, con xestos, rítmicos ….)os nenos/as terán a oportunidade de comunicar, expresar e relacionarse cos iguais nun ambiente san e distendido, desenvolvendo ao tempo as súas capacidades motrices, creativas e imaxinativas.

  • Obradoiro de barro

Traballar con barro proporciónalle ao neno/a unha experiencia multisensorial, estimula a súa imaxinación construtiva e desenvolve a súa coordinación dinámica manual : amasamos, estiramos, facemos figuras con churros, bolas, placas…

Actividades 8 a 12 anos

  • Obradoiro de experimentos

Os/as nenos/as terán a oportunidade de ver, tocar e entender diferentes aspectos da física, química, bioloxía e astronomia: realizar fabulosas reaccións químicas, saber todo sobre a composición dos alimentos, observar as bactérias ao microscópio, construir pequenos aparatos científicos (densímetros, hidrómetros, ….)

  • Xogos populares e tradicionais

A partires de xogos de toda a vida, os nenos aprenderán a relacionarse dun xeito aberto, curioso e participativo con outros nenos/as, coñecendo e estimando o seu patrimonio cultural e oral. Habendo tamén un espazo para convidar aos pais e nais a compartir cos fillos/as os xogos que practicaban na súa infancia

  • Obradoiro de cerámica e modelado

Neste obradoiro o/a neno/a adquirira as técnicas e os coñecementos do modelado básico para traballar libremente a cerámica; achegándoo a busca da expresividade, da creación manual a través do modelado de obxectos tanto utilitarios coma esculturais.

Actividades Pais e nais

  • Risoterapia e xestión do estres

Este obradoiro quere brindar aos pais e nais un espazo para desfacerse do estres semanal e dotalos de ferramentas e estratexias para saber xestionalo dunha maneira lúdica e creativa.

  • Danzas do mundo

Un espazo de encontro a través das danzas e as músicas tradicionais de diferentes pobos do mundo. Non fai falta ter experiencia previa, as danzas serán dun nivel inicial e medio en canto a dificultade.

Actividades en familia

  • Patinaxe

O obxectivo deste obradoiro e o de divertirse e aprender a patinar en familia con exercicios técnicos propios deste deporte e xogos de todo tipo adaptados e aplicados aos patíns.

  • Sendeirismo e Tempo Libre

Proporcionar ás familias unha ocasión de convivencia, lecer e coñecemento do noso entorno natural e cultural.

información na web da FANPA

Campamentos de Verán 2011

Orde do 21 de febreiro de 2011 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2011 e se procede á súa convocatoria.

* Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os mozos e mozas de 9 a 18 anos.
*Prazo de solicitude: Do 8 ao 22 de marzo de 2011.

Ver DOGA

 

Axudas cursos de linguas extranxeiras 2011

Orde do 8 de marzo de 2011 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado
que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar cursando 6º de educación primaria; 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria; 1º ou 2º de bacharelato e ciclos formativos de grao superior, que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no seu currículo, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2010-2011, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2009-2010.

c) Ter acadado no curso 2009-2010, unha cualificación mínima de ben, para o alumnado de educación primaria, e de 6 para o de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de ciclos formativos, na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

Prazo de presentación Instancias: Do 12 de marzo a 12 de abril.

Para alumnos Primaria y de ESO: Cursos de Inglés e Francés en Galicia.
Para cuarto de ESO: Inglés e Francés en Galicia, Portugués en Portugal e Alemán en Alemaña.

Para Bacharelato cursos en: Reino Unido, Francia e Canada.

Enlace a Resolución

“Ao Carón do Lar” Contos populares galegos de tradición oral

A Biblioteca Pública de Pontevedra organiza un obradoiro de animación á lectura dentro do seu programa “Contos no Nadal” para as vindeiras vacacións, os día 27, 28, 29, 30 de decembro e dirixido a nenos e nenas de  4 a 12 anos.
Obradoiros:

Obradoiro para nenos / nenas de 8 a 12 anos de 10:30 a 12:00 h.
Obradoiro para nenos / nenas de 4 a  7  anos de 12:00 a 13:30 h.

Lugar: Sala infantil .

Inscrición: A partir do 14 de decembro na propia biblioteca, 3ª planta (r/ Alfonso XIII, 3. Pontevedra),  no teléfono 986 85 08 38 de 9 a 14 h. ou no correo-e biblio.publica.pontevedra@xunta.es

Inscrición gratuíta, máximo de 3 solicitudes por persoa, adxudicadas por orde de chegada ata completar as prazas.

Nadal Ocio 2010

No recinto ferial de Pontevedra, organizado por Diverneno e Promovido polo Concello de Pontevedra.

Do 17 de Decembro ao 9 de Xaneiro (Pechado o 24 e o 31 de Decembro e o 5 de Xaneiro)

Co as seguintes actividades: Gardería, obradoiros, inchables, aparatos mecánico, aerotrín, circuito de educación viaria, espectéculos infantís, pallasos, magos, carteiro real e pista de karts no exterior.

PARQUE DE OCIO: HORARIO: Todos os días de 16:30 a 21:00.

PISTA DE XEO: HORARIO: De luns a venres de 16:30 a 23:00 e os Sábados e Domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 23:00.

Blog do ANPA Andaina do CEP Xunqueira II de Pontevedra

Benvidos ao Blog da ANPA Andaina do CEP Xunqueira II de Pontevedra.

Bienvenidos al Blog del ANPA Andaina del CEP Xunqueira II de Pontevedra.

Este blog pretende ser de utilidade para os pais e nais dos nenos e nenas do CEP Xunqueira II, polo que vos agradezo calquer suxerencia destinada a melloralo. Un saúdo dende a ANPA.

Este blog pretende ser de utilidad para los padres y madres de los niños y niñas del CEP Xunqueira II. Os agradezco cualquier comentario o sugerencia con el fin de mejorarlo. Un saludo desde el ANPA.