Que tempo/esforzo supón estar na Xunta Directiva?

Todos coincidimos en que o nome XUNTA DIRECTIVA asusta un pouco pero nos guste ou non para que haxa ANPA temos que ter unha Xunta Directiva. Ademais do nome, o que vos preocupa a maioría son os horarios:

A maiores das reunións/asembleas as que vos convocamos ás familias durante o curso (se todo vai ben 2 ou 3 ao longo do curso), xuntámonos un par de veces máis. Case todo o tratamos nun grupo de whatsapp, salvo que sexa un tema que vemos que se alarga ou é mellor tratalo en persoa. Para xuntarnos tratamos de buscar un momento que lle veña ben a todos pero se algún non pode asistir non pasa nada. Despois poñémolo ao día.

Canto teño que adicarlle? unha tarde a semana? Un par de horas? Pois non temos horarios, cada un xestiona o seu tempo, en función do que te estes encargando. Igual pasas semanas sen facer nada como de repente tes que algo que facer durante varios días seguidos. O ideal e repartir as tarefas de forma que cada tarefa este asignada a unha persoa aínda que despois poidan axudarlle algún máis. Cando hai algunha tarefa nova repartímola en función de quen pode, sabe ou lle apetece encargarse.

A maioría das xestións poden facerse dende a casa, preparar algún escrito, contestar aos emails, publicar no blogue, pedir orzamentos para actividades e contratalas (excursión, autobús, seguro, charlas…) polo que o podedes adaptar o voso horario.

Outras temos que facelas en persoa, como por exemplo comprar os agasallos de Nadal, e levalos ao cole, pero todo se pode facer con antelación, adaptándonos aos horarios de cada un.

A %d blogueros les gusta esto: