Extraescolares 22/23

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO CEIP XUNQUEIRA 2

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO CEIP XUNQUEIRA 1

Actividades extraescolares que sí empezan: ROBÓTICA, PATINAXE, PRE-DANZA URBANA, DANZAS URBANAS, BALONMÁN, TAEKWONDO, PLÁSTICA (Mércores 16:30-17:30), ESCULTURA e TEATRO (Xoves 16.30-17:30), DEBUXO E PINTURA E SKATE.

NON EMPEZAN (por non conseguirse número mínimo de nen@s): CORO, MÚSICA, PLASTIC FANTASTIC, TEATRO (17:30-18:30), COCIÑA, RÍTMICA, COMUNÍCATE COA LINGUAXE DE SIGNOS, INGLÉS (primaria/ martes), INGLÉS CONVERSA (primaria/mércores), INGLÉS INFANTIL (luns), deixamos aberta inscrición este mes de Outubro en Inglés infantil. 
As actividades extraescolares comezarán a primeira semana de Outubro no horario previsto e rematarán en Xuño de 2023. 

O periodo de inscrición vai dende o 1 de Setembro ata o 30 de Setembro. Durante o curso escolar a inscrición farase polo mesmo sistema antes do día 20 do mes anterior.

Aqueles que xa cubrístedes o formulario de preinscrición, xa tedes reservada a vosa praza, pero tedes que confirmar a inscrición en Setembro directamente cas empresas ou clubes.

Non esquezas que os socios teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo esto en conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

¿Cómo facer a inscrición?

A forma de inscrición dependerá de cada clube ou empresa. Algúns xa facilitan un link directo de inscrición ou dende a súa páxina web e outros facilitan un teléfono de contacto/mail (máis información ó final deste texto  pinchando en cada actividade). Teredes que poñervos en contacto con eles para confirmar a vosa praza ó longo do mes de Setembro.

A folla de inscrición cuberta das actividades ofertadas pola empresa ANIAS (realizaranse no CEIP Xunqueira 1) enviarase a través do correo electrónico: extraescolares@anias.es ou persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray nº39.

Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. Esta comunicación realizarase mediante notificación ó/á monitor/a da actividade e por escrito vía correo electrónico, indicando o nome da actividade, datos do/a neno/a e motivo do cambio ou baixa.

Calquera dúbida consultade connosco a través do correo anpa.andaina@nontedurmas.org ou no teléfono 616158102.

Máis información:

Natación Budo

Deixámosvos a proposta de Budo para este curso. Se estades interesados tedes que contactar con eles directamente.

propuesta-budo-2022-23-2. Descarga

A %d blogueros les gusta esto: