O mércores 22 de xuño, no derradeiro día do curso escolar 21/22. A Xunta de Galicia, dende a Inspección Educativa de Pontevedra, remitiu á nosa escola CEIP Xunqueira N2 un comunicado no que especificaba a eliminación dunha aula de Infantil para o curso 22/23 e outra que Educación xa eliminara recientemente (pero a escola decidiu desdobrar), pasando dous cursos (quinto e sexto) de ter dúas aulas a unha exclusivamente.
Isto provoca ademais que sexa desplazada a outro centro, unha profesora que xa tiña plaza definitiva no noso centro.
Dende ANPA Andaina damos o noso total apoio ás familias afectadas e rexeitamos completamente a eliminación destas dúas aulas e apoiamos calquer reivindicación que as familias fagan para amosar o seu malestar. Por iso vos anexamos a carta que foi redactada en conxunto polas familias e que será remitida a inspección educativa para solicitar unha reunión co inspector de educación.
Dende o mes de marzo, coa admisión xa formalizada, a Xunta xa contaba coa previsión de alumnos e agardou ao último día da escola a face-la notificación con ánimo de que as familias non nos xuntáramos para realizar ningún acto de protesta.
Tendo en conta que hai unhas semanas, o propio Conselleiro de Educación, Román Rodriguez, durante as oposicións a mestres de infantil subliñaba que “afianzaban a calidade e profesionalidade do sistema educativo galego”, por detrás eliminan aulas nun claro intento de arruinar a calidade do propio sistema. (Ver enlace mais abaixo)
Non podemos quedar impasibles ante o atropelo que se produce aos nosos servicios públicos e menos xogar coa educación dos nosos nenos.
Animamos ás familias a que presenten unha queixa de forma individual por medio da sede electrónica da Xunta para que mostren o seu malestar polo sucedido indicando cómo destinatario CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVSERSIDADE e XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADES.

Dende a ANPA así o faremos!
