Ola a tod@s as familias do CEIP Xunqueira II!
Estamos rematando un novo curso escolar e por iso dende a xunta directiva da nosa Anpa convocámosvos a unha xuntanza.
Este ano comezou con incerteza e empregamos moitos esforzos para que as nosas nenas e nenos volveran á “normalidade”.
Entendemos como propias nais e pais que hoxe en día temos a cabeza en mil sitios e o reloxo non para, pero só vos pedimos un ratiño para achegarvos ata o centro e poder así intercambiar opinións, suxerencias e todo tipo de dúbidas.
Agradecémosvos de antemán a vosa colaboración!
Primeiro reunirémonos coas familias socias para levar a cabo unha asamblea ordinaria e a continuación invitámos a todas as familias, socias ou non socias a asistir a unha reunión para presentar as actividades extraescolares do próximo curso.
DÍA: Luns 20 / 6 / 2022 LUGAR: Patio do CEIP Xunqueira 2 HORA: -ASOCIAD@S CURSO 2021-22: 1ª convocatoria ás 19:00h e 2ª convocatoria 19:15 -NON ASOCIAD@s: única convocatoria ás 19:45h