Resposta do concello á reclamación pola falta de conserxe

Como ben sabedes, o pasado 3 de xuño presentamos unha reclamación/queixa no Concello pola falta de conserxe na escola.

Mentras, vós, as familias, unístesvos para recoller firmas e os medios locais fixéronse eco, e de seguro que chegaron a oídas do Concello dado que xa temos resposta deles.

Na resposta, o Concello realiza unha serie de aclaracións sobre os pasos que deron, pero o importante reside nos últimos parágrafos que procedemos a transcribir:

Rematado o procedemento procédense a realizar os chamamentos, sendo aceptado o posto por unha traballadora que tomará posesión na semana do 13 de xuño (data inda por concretar).”

O que se lle informa para o seu coñecemento e oportunos efectos.

Agardando que estas aclaracións sirvan para explicar o motivo da queixa formulada e promovan a súa comprensión dos feitos acontecidos.

Concello de Pontevedra

Pola nosa parte, entendemos que isto é un parche a unha situación que se ven repetindo de forma constante e recorrente nos últimos tempos e que afecta directamente ao correcto funcionamento da escola onde os docentes, alumnos e familias sofren as consecuencias.

Por iso, animamos ás familias á continuar coa recollida de firmas para que o Concello saiba que estamos cansos dunha situación reiterada e que dalgunha maneira tense que resolver de raíz.

A %d blogueros les gusta esto: