Reclamación dun conserxe para o noso centro e iniciativa das familias para a recollida de firmas.

Ola familias!

Como xa sabedes, seguimos sen conserxe no centro. Esta é unha situación que se ven repetindo ao longo dos últimos cursos e é a segunda vez que acontece este ano.

A principios de ano xa presentamos unha reclamación ao Concello tal e como vos informábamos nesta entrada. Nesa ocasión non recibimos resposta.

Acabamos de presentar unha nova reclamación da que vos deixamos copia. A ver se desta temos máis sorte.

Ademais facémonos eco da iniciativa dalgunhas familias que están recollendo firmas para entregalas por rexistro no concello.

Deixámosvos o escrito que nos pasan.
Podedes imprimir e empezar a recoller firmas.
Poden firmar tamén familiares, veciños …
Cantas máis mellor.

Dende o luns a mañá deixarán unha mesa co papel para firmar e unha carpeta para que as familias vaian deixando as firmas. A ubicación será xusto na porta de entrada principal .

A %d blogueros les gusta esto: