Moitos de vos estádesnos preguntando que é isto do rastrexo que se vai a celebrar o 11 de Xuño. Pois se o buscas no dicionario diche que é a indagación de algo seguindo un rastro un sinal….pois ben…aquí imos explicalo de forma mais doada…pois a xente que organiza este rastrexo ten unha longa experiencia organizando rastrexos!!
Todo equipo ten que levar un compás ( “brújula”) pois o percorrido que levaran a cabo so o saberán guiándose polos puntos de compás que se lles entrega ao comezar
Ao longo deste percorrido atoparanse con varias probas de todo tipo: físicas, de pericia, de intelixencia…
Deberán ir moi atentos pois no percorrido atoparan agochadas letras, coas que ao rematar deberán formar unha frase….
Así que despois de este pequeno resumo so nos queda animarvos a todo o alumnado de primaria dos coles do concello de Pontevedra a participar pois vai a ser unha maña de sábado inesquecible.
Aquí tedes toda a información e o formulario de inscrición. Lembrade que o día 8 de xuño remata o prazo.
Que a forza vos acompañe!
