Únete á Xunta Directiva da ANPA Andaina para o curso 2022/2023

Ola familias!

Esta entrada é para pedir a vosa colaboración para o próximo curso.

De cara ao próximo curso, temos que renovar a Xunta Directiva xa que varios membros cursarán baixa e necesitamos un mínimo de 5 persoas para poder constituír a Xunta Directiva.

Por ese motivo, dende xa, vos animamos a que contactedes con nós no email anpa.andaina@nontedurmas.org se queredes formar parte da Xunta Directiva o próximo curso e trataremos de resolver todas as dúbidas que poidades ter.

Lembrámosvos que a incorporación de novos integrantes á Xunta Directiva é fundamental para asegurar a continuidade da ANPA Andaina.

Neste enlace podedes ver que facemos na ANPA

A %d blogueros les gusta esto: