Proxecto AXENDANDO IGUALDADE e axendas escolares

En setembro repartimos de novo a AXENDA ESCOLAR como ANPA beneficiaria do programa de subvencións convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, financiadas en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Con esta convocatoria a Secretaría Xeral de Igualdade busca promover a formación, sensibilización, información das familias e asociacións de nais e pais na perspectiva de xénero, concienciando ás fillas e fillos, aos estudantes e á comunidade educativa sobre os estereotipos de xénero existentes e facer visible as mulleres e as nenas promovendo relacións respectuosas e iguais que eviten a violencia de xénero.

Nós compartimos este ideario e queremos espallalo mediante distintas ferramentas como a axenda escolar que entregamos outro ano máis a todo o alumnado do centro.

A %d blogueros les gusta esto: