Familias,
Recordarvos que tedes aberto o prazo para asociarse a ANPA ata o 17/12/21, pero como se ven dicindo …. non deixes para mañá o que poidas facer hoxe.
Accedendo á sección de Socios atoparedes toda a información necesaria.
Este ano temos unha pequena sorpresa subvencionada ao 50% polo Concello de Pontevedra para os que vos fagades socios.
Un pack “lisca-covid” que se entregará a cada cativa ou cativo que teña a familia matriculada socia no centro en primaria (neceser, bote xel hidroalcólico e cubrebocas lavable ata 150 veces feito en España) e para o alumnado de infantil fixemos entrega dunha mascarilla dado que non teñen permitido o hidroxel e entregaremos o neceser cuns panos de papel.
Os packs repartiranse por orde de inscrición ata fin de existencias.
Asociádevos!