Cómo se fixo….o graffiti

Familias,


Tal e como anunciamos presentámosvos o video de Cómo se fixo … o noso obradoiro de muralismo.  Queres velo? sigue lendo mais abaixo.

39 (44).jpg

Aproveitamos para recordavos que o martes 21 é a reunión informativa ás 19.00h en 1º convocatoria e 19.15h en 2da.

Lembrade que é preciso anotarse xa que debido as restricción actuais será vía zoom e precisamos un mail para enviarvos o enlace…podedes acceder á información da reunión publicada no blog da ANPA ou premendo aquí

Unha das mellores formas de involucranos nesta etapa educativa na que os nosos cativos e cativas están é asociándonos a ANPA pero ademáis podemos integrarnos na xunta directiva.  Poderemos participar máis directamente no día a día sempre buscando mellorar a súa contorna e facilitar o día a día as familias do centro. Cada un de nós aporta sempre na medida que ten tempo dispoñible, non é un traballo remunerado pero sí moi satisfactorio.

Este ano é especialmente importante que a xente se involucre neste eido. Moitos e moitas das que pertencían á xunta abandonan o centro escolar  co cal é imprescincible a renovación e novas ideas. Así impediremos que a ANPA do CEIP A Xunqueira nº 2 deixe de existir. 

Qué ocorrería entón? O efecto máis inmediato… sen ANPA non existiría nin plan madruga nin comedor, sen ANPA non existen extraescolares, excursións, non habería quen axudara a SSMM de Oriente a deixar agasallos no cole, descontos nas ludotecas e actividades da FANPA, desaparecería un dos representantes do Consello Escolar…. Pero non pensemos niso, pensemos que ser da Xunta Directiva supón  implicarnos en pro de mellora-lo día a día das nosas e nosos pequenos.

Vémonos o martes na reunión de inicio de curso!!

A %d blogueros les gusta esto: