A linguaxe inclusiva refírese a calquera expresión verbal ou escrita que empregue preferentemente o vocabulario neutro, ou ben, fai evidente o masculino e o feminino. Evita tamén as xeneralizacións do masculino para situacións ou actividades onde aparecen mulleres e homes.
Deixamos a vosa disposición aquí a Guía de comunicación inclusiva editada e publicada pola Deputación de Pontevedra unha ferramenta moi útil que fará que nos decatemos como a nosa fala actual non está baixo o paraugas da perspectiva de xénero. É una acción como beneficiaria das subvencións convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres financiada en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.




