Igualdade dende o berce

Desde a ANPA ANDAINA queremos invitarvos á charla

IGUALDADE DENDE O BERCE

dentro no noso proxecto AXENDANDO IGUALDADE subvencionado pola
Secretaria Xeral de Igualdade e o Ministerio de Igualdade.

Dirixido a familias con menores matriculados nos centros educativos do concello de Pontevedra.
Formato: Online (Zoom)
Día: 22/10/2020
Hora: de 18h00 a 19h30

Nesta charla faremos un percorrido xeral coa temática de igualdade e diversidade. Entre outros temas trataremos:

  • Sexo/Xénero
  • Estereotipos de xénero
  • Coeducación
  • A diversidade como elemento valioso.
  • Micromachismos (cine, música, publicidade, linguaxe…)
  • Cousificación e hipersexualización.
  • Diversidade afectivo-sexual.
  • Acoso escolar.

Traballemos en conxunto para unha sociedade máis xusta e igualitaria. Sementando igualdade, colleitando xustiza.

Impartida pola axente de igualdade e mestra Daisy Alcalde Monteagudo coa
colaboración de APAIOGA a través da plataforma ZOOM.
Inscripcións aquí: https://forms.gle/JhETfNPjrP7acyqD9