Comenzo de curso escolar

Estimadas Familias:

Comeza un novo curso escolar e dende a ANPA ANDAINA desexamos un bo curso escolar dentro desta anómala situación provocada pola pandemia da COVID -19.

Asociarse a un ANPA é voluntario, pero é IMPORTANTE?

    • Inda pendentes de reinicio o comedor escolar e o plan madruga existen porque hai un ANPA.
    • Inda que actualmente están paralizadas as extra-escolares existen porque hai un ANPA.
    • A ANPA conta con unha persoa no Consello Escolar en representación de todas as familias.
    • Colabora coa comunidade educativa do centro e as familias para un bo funcionamento.
    • Somos ANPA asociada á FANPA e, aparte do importante traballo realizado pola federación que moitas veces non se ve, tamén se traduce en descontos en actividades realizadas pola mesma como talleres, actividades en familia, ludotecas nas vacacións escolares, etc…
    • Difusión de información e actividades que puideran ser de interese ás familias a través da nosa páxina de Facebook e o noso blog

Pero se isto non fora motivo suficiente aínda hai máis, o ano pasado gracias á cota que se ingresa e a subvención do Concello de Pontevedra puidemos levar para adiante actividades como:

    • Conmemorar días especiais
    • Colaborar no Magosto coa tradición do castañeiro e o seu tren
    • Axudar as SS.MM.RR Magos de Oriente coa achega e reparto de agasallos
    • Gozar dunha xornada en Mundonadal onde puidemos patinar sobre xeo e saltar nos inchables, realizar talleres e actividades deportivas varias

En marzo de 2020 como é sabido suspendeuse a actividade presencial nos centros educativos e iniciouse un período de confinamento que nos impediu levar a cabo actividades que xa estaban planificadas como:

    • O rastrexo infantil celebrar o día das familias prevista no mes de maio
    • Colaborar coa gradación e a excursión de 6º de primaria.
    • E excursión de fin de curso reservada para o último fin de semana de maio na GRANXA O KIRIKO. Que se tivo que adiar para este ano se a situación o permite.

Este ano reeditamos e ampliamos o proxecto AXENDANDO IGUALDADE dentro do programa de subvencións convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade, financiadas en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e contando tamén coa colaboración do CONCELLO DE PONTEVEDRA

Tal e como se recolle nas bases, a Secretaría Xeral de Igualdade pretende con esta convocatoria impulsar a formación, sensibilización, información das familias e asociacións de nais e pais na perspectiva de xénero, concienciando ás fillas e fillos, ao alumnado e á comunidade educativa sobre os estereotipos de xénero existentes e visibilizar  as mulleres e as nenas promovendo unhas relacións respectuosas e iguais que preveñan a violencia de xénero. Nós compartimos este ideario e queremos espallalo mediante distintas ferramentas como a axenda escolar que entregamos a todo o alumnado do centro. Dentro do mesmo proxecto están previstas dúas accións máis para cuxa final execución dependeremos do entorno cambiante:

    • Mural no multiusos do CEIP A XUNQUEIRA Nº 2 para o cal xa contamos coa autorización de Patrimonio do Concello de Pontevedra.
    • Dúas xornadas dirixidas ás familias baixo o lema “Pola igualdade real. Influencia das novas tecnoloxía nos nosos fillos e nosas fillas ” inicialmente previstas para realizalas de maneira presencial pero por mor da situación levaranse a cabo online. Tamén poremos a vosa disposición a guía de comunicación inclusiva publicada pola Deputación de Pontevedra e unha pequena guía que recolla unha breve e clara explicación sobre o funcionamento de aplicacións como BrawlStars, Robotic, Pinturillo, tiktok, etc

Para nos é moi importante coñecer a opinión das familias porque nos permite saber o grao de satisfacción e levar a  cabo accións de mellora, por iso habilitarase un formulario en google forms para recoller a valoración das actividades do proxecto AXENDADO IGUALDADE.

COMO FACERSE FAMILA ASOCIADA? No noso apartado de  Socios: https://anpaandaina.wordpress.com/socios

COTAS DE INSCRICIÓN. Na reunión celebrada o 08 de setembro, a xunta directiva da ANPA propuxo unha cota de 10 €, pero por votación da maioría dos e das asistentes acordouse manter o importe de 25 € por familia.

Ollo piollo! Teredes que ter o pago feito antes de cubrir o formulario porque, para facilitar o traballo administrativo que hai detrás, de persoas altruístas, preguntarémosvos a data na que se realizou o pago.

A conta para facer a transferencia ou ingreso (por caixeiro automático ou por portelo, neste último caso temos un acordo con ABANCA para que non se cobre ningún tipo de comisión.

ES68- 2080-5405-34-3040102691

O PRAZO para facerse socio rematará o 18 de decembro do 2020. A partir desa data unicamente se abrirá a inscrición a aquelas familias de ingresen no cole durante o curso escolar.

Respecto a reunión de inicio de curso, as actuais restricións no concello de Pontevedra que inclúen unha limitación de reunión de 10 persoas, impiden ter unha data fixada. De persistir as mesmas, tratarase de facer online, en todo caso volo comunicaremos no menor prazo posible.

Por último recordarvos que dispoñemos un correo electrónico para facernos chegar as vosas dúbidas ou inquedanzas anpa.andaina@nontedurmas.org

Tamén vos animamos a seguirnos no facebook para estar ao día de novidades.

A %d blogueros les gusta esto: