Hola a tod@s!
Benvidos a este novo curso 2019-2020!
Para empezar con bo pé, invitamos a todas as familias a unha reunión o vindeiro 25 de setembro de 2019 no salón de actos do colexio CEIP XUNQUEIRA No 2, as 19.00 horas en primeira convocatoria e 19.30 en segunda convocatoria. A orde do día é a seguinte:
- Lectura e aprobación da acta anterior
- Cotas e inscrición de socios
- Resumo das xestións que estamos a realizar
- Extra-escolares 2019/2020
- Rogos e preguntas
Animámosvos a asistir á reunión, a os que xa nos coñecen volveremos a vernos, falar un rato, facer propostas e escoitar outras, resolver dúbidas… e os que non, ademais do anterior, coñecer máis de cerca o traballo da ANPA e a xentiña que estamos na da Xunta directiva intentando cada ano facer máis dun modo altruísta e desinteresado.
Contaremos cun servizo de ludoteca para as familias que acudan cos seus meniñas e meniños.