Ola a tod@s,
Por fin chegou o tempo da tan esperada excursión de fin de curso!! Este ano, vamos ir O Grove a pasar un día estupendo disfrutando da praia, da piscina dos xogos que organizemos e, en resumidas contas, a pasalo ben!
O lugar elexido este ano é: O camping Paisaxe 2. Aquí tendes algo de información:
Sen máis, pasamos a darvos tódolos detalles:
- Data: Sábado 8 de Xuño 2019
- Hora de saída: Temos que estar no CEIP as 8h30 da maná! Os buses sairán as 9h en punto. Prégase non retrasarse!
- Qué inclúe? O transporte dende o CEIP ata o camping e volta (non era plan de deixar a ninguén alí), o xantar do mediodía, a merenda de media tarde, actividades e xogos e os monitores dedicados @s nen@s.
- Qué hai que levar?
- Unha merenda para a mañá
- Protector solar. A primeira man, que veña posta dende a casa. Esperamos sol.
- Roupa: o mellor é vir co bañador posto e un chandal por encima para non perder tempo a cambiarse ao chegar. Levar muda para cambiarse pola tarde para volver
- Ganas de pasalo ben!
- A volta está prevista no CEIP para as 19h aproximadamente.
- Prezo:
- Para os socios da ANPA:
- 19€ por o 1º membro da unidade familiar
- 10€ por o 2º membro da unidade familiar
- Gratis para os seguintes membros da unidade familiar
- Para os non socios: 40€ / nen@
- Para os socios da ANPA:
Como facer para anotarse? Pois cubrindo o formulario!!
OLLO: As inscricións só se farán efectivas unha vez cuberto o formulario e o pagamento efectuado na conta da ANPA: ES68- 2080-5405-34-3040102691
Prazo para anotarse: ata o día 1 de Xuño 2019
Unhas aclaracións en canto ao acceso á auga polos rapaces:
- Os rapaces nunca van a estar sós na auga. Segundo como estea o día, poderíase baixar á praia ou quedar na piscina. En ambos casos, abra monitores exercendo de “boias” e atentos. Por que o decimos? Porque a rapazada pasao moi ben ainda que sexa chapoteando na auga e moitas veces, por falta de autorización dos pais, quedan coas ganas.
- Para os rapaces de infantil: Non irán á piscina. Pero é bo que veñan con bañador igualmente porque poden facer xogos de auga, mollarse ou sentarse e xogar coa area na praia.
Bulide que hay prazas limitadas!