I Rastrexo infantil – O mundo en Pontevedra

O vindeiro día 25 de maio, con motivo do día da familia, levaremos a cabo un rastrexo infantil por equipos con brúxula.

Poderán participar todos @s nen@s que estean cursando entre 3° e 6° de primaria inclusivos en calquera colexio do concello de Pontevedra.

A inscrición será por equipo con un mínimo de 6 e un máximo de 10 membros, dos cales 2 deberán de ser adultos. O prezo de inscrición será de 1€ por persoa.

Cada equipo deberá traer:

  • 1 brúxula
  • 1 caderno
  • 1 bolígrafo
  • 1 chaleco reflectante para @ capitán(/a)

O lugar de saída será o patio do CEIP A Xunqueira 2 a partir das 9 da mañan.
Na metade do recorrido teremos avituallamento para todos @s participantes ademais de sorpresas e premios para os 3 primeiros clasificados.

A inscrición estará aberta entre o 19 de abril e o 19 de maio, con un límite de 50 equipos. Para inscribirse, basta con cubrir o seguinte formulario. A inscrición non será válida en canto non se faga o pagamento da cantidade correcta na conta da ANPA ES68-2080-5405-34-3040102691, estipulando como concepto o nome do equipo participante.

 

Animádevos a pasear polo mundo connosco.

A %d blogueros les gusta esto: