Extraescolares – Informática

Este ano incluímos na oferta de extra-escolares un curso de informática.

Segundo o nivel do alumno, daranse clase de iniciación ao uso do ordenador, tratamento de texto Word, tabulas e matemáticas con Excel ou incluso programación con Scratch, programa creado no seno do célebre MIT (Massachusetts Institute of Tecnology) para axudar aos rapaces a partir de 8 anos a crear a súa propia historia, xogo ou animación.

Dascalos Informática ofrécennos estes cursos 1 vez por semana, de 1:30 de duración, os martes ou xoves por un prezo de 18€ por mes.

Para máis información de esta actividade: Ficha Inscripción dascalos informatica

Para máis información sobre as extra-escolares que organizamos, no apartado de extra-escolares.

Recordamos que para poder participar nas actividades extra-escolares da ANPA, é necesario ser socio da mesma. Para iso, bótallede un ollo aquí: Socios