Como cada ano os compañeiros da ANPA “Os Valados”do CEIP Vilaverde organizan o xa famoso Cross Escolar o sábado día 5 de maio de 2018, a partires das 10:30 da
mañá. Coma todos os anos celebrarase nos arredores do Colexio.
Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías 1o e 2o de primaria, 3o e 4o de primaria e 5o e 6o de primaria. Tamén haberá categoría de 1o e 2o da ESO (Nacidos no 2005 e 2004) e para os pais ou nais. A todos os nenos se lles entregará auga e un bocadillo, e haberá reparto de premios para todos os participantes.
Os dorsais entréganse o mesmo día da competición. Para axilizar a confección dos dorsais e que estean listos o día da carreira, os métodos de inscrición son os seguintes:
- A través do formulario online dispoñible en https://goo.gl/forms/2DZVqLayR4QMHnzx2 .
- O día da carreira tamén poderanse apuntar no posto disposto ao efecto.
Pretendemos que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e rapazas, e fomentar as relacións entre os integrantes dos distintos centros do Concello de Pontevedra.
Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ó teléfono 690 731 207 (ANPA) ou 886 15 90 34 (centro).
O cross recorrerá as rúas adxacentes ao centro escolar: rúas Ángel Limeses, San Amaro, Valdecorvos e Vilaverde. Os participantes de todas as categorías se concentrarán no centro escolar, e serán acompañados á zona de saída correspondente por persoal da organización.
Nas rúas polas que discorrerá a proba estará prohibido o estacionamento. As rúas Valdecorvos e Vilaverde, estarán cortadas ao tráfico durante toda a duración da proba. A rúa Ángel Limeses e San Amaro, estarán cortadas parcialmente durante as probas que as recorren.
Para as persoas que se acerquen con vehículo, recoméndase o estacionamento na Avenida de Lugo e na zona da urbanización de Valdecorvos, xa que o acceso ao centro estará pechado para vehículos dende antes do comezo das probas. Contarase coa colaboración da policía local, protección civil e cruz vermella.
As distancias a percorrer, orde das carreiras e horarios aproximados serán os seguintes:
Animádevos e inscribídevos en familia.