Hoxe vaise levar a cabo, outro ano máis, a gran festa de volta ao cole en horario de 16:30 a 20:30 horas organizada pola Zona Monumental de Pontevedra.
Situaranse inchables repartidos polas diferentes zonas emblemáticas da zona monumental: (rocódromo con escalada de 8 metros, inchables saloon e crocodilo, xogos tradicionais, ludoteca e talleres, circuíto pump track, tiro con arco, táboa de surf e touro mecánico).
- Praza Curros Enríquez
- Praza Méndez Núñez
- Praza Valentín García Escudeiro
- Rúa Serra
Do mesmo xeito que o pasado ano colaborará nesta iniciativa o Club de Waterpolo Pontevedra, que levarán a cabo a actividade “Waterpolo na Rúa” para buscar novos socios e achegar este deporte a todos os públicos. Para iso desenvolverán algúns xogos entre os que inclúe unha piscina portátil.
E para finalizar, a tradicional festa da escuma, ás 19 horas na Praza da Pedreira (Mugartegui) coa participación dun DJ.
A pasalo ben!!