DEPOrte Escolas 2017-2018

A Deputación de Pontevedra abre o prazo para inscricións nas DEPOrte Escolas.

As DEPOrte Escolas é un programa, totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para que teñan a posibilidade de practicar o seu deporte preferido.

A única condición que tendes que cumprir para a inscrición é ter entre 5 e 15 anos e ter moitas ganas de practicar deporte.

A partir do 4 de setembro podedes inscribirvos nas modalidades deportivas das DEPOrte Escolas, que para este curso 2017-2018 serán: balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto.

Toda a información está na web da Deputación, neste ligazón: https://www.depo.es/deporte-escolas