MINIPAZO CLUB 2016

Tercceira edición do ciclo de obradoiros para público infantil “MiniPazo Club”. Este ano, aos dous obradoiros de longo percorrido “A procura do tesouro” e “A hora do conto”, que cumpren xa 18 anos, xunto con Experimenta, de arte e cultura visual e RockLab, de expresión musical, se une “Tecnoloxía creativa”, con talleres de ciencia e tecnoloxía para nenos e nenas a partir de 8 anos.

As cinco propostas, que ofertan preto de 400 prazas en total , están promovidas pola Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra. Serán desenvoltas integramente en galego e, dirixidas a nenos/as entre 4/5 anos (dependendo da actividade) e 16, serán levadas a cabo nas instalacións do Pazo da Cultura.

Toda información no enlace:

http://www.pazodacultura.org/gl-ES/ciclos.aspx?evc1=22

Saúdos