CAMPAMENTO DE NADAL NO CEIP CANICOUVA – VIGO

(Aberto a nenos/as doutros centros educativos)

Un ano mais o CEIP Canicouva e a súa anpa confían en Imaxina para organizar o seu campamento de Nadal.

Trátase dunha alternativa para os rapaces e rapazas e as súas familias durante as vacacións de Nadal. Levaremos a cabo un campamento urbano, logrando así unha boa conciliación da vida laboral e familiar mentres os nosos pequenos e pequenas gozan dunhas datas máxicas.

Este campamento está aberto a tódolos rapaces e rapazas que queiran asistir xa que non é imprescindible estar adscrito/a no centro educativo, poden acudir amigos/as, veciños/as, familiares, etc, soamente deben de estar en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Cumprimos cun amplo horario de 9:00h a 14:00h, coa posibilidade do servizo de madrugadores de 7:30h a 9:00h e de fiambreira dende as 14:00h ás 15:00h.

As actividades serán variadas: Panxoliñas, deseña a túa propia bufanda, realizamos un videoclip do Nadal, escritura creativa, e moitas actividades mais.
* Para mais información ou reserva de praza:
671 251 896
ampapereiro@hotmail.com
Ademais das formas de contacto habitual de Imaxina.

Imaxina servizos educativos e culturais

Montero Ríos ,nº 32,3º

Vigo 36.201

Tel: 986125911 // 671659204nadal canicouva

www.imaxina.net

Saúdos

A %d blogueros les gusta esto: