Festival das Cóxegas: “Simplicissimus”

Este domingo 15 terá lugar no Pazo da Cultura ás 18:30 horas, o segundo espectáculo do Festival das Cóxegas: “Simplicissimus” de Cía. Roberto G. Alonso. A primeira revista musical infantil e familiar, capaz de adentrarnos nun universo particular onde a danza e o teatro se fusionan cos monicreques ou as acrobacias nun divertimento chedo de ritmo, luz, fantasía, imaxinación e cor.

Un cóctel de pluma e pedrería onde todo e posible. Inspirado nos espectáculos de varietés, serán miles os cambios de vestiario e o glamour non faltará nin no espectáculo nin no photocall instalado á entrada para que nais, pais, avós e nenos/as posen coas súas pumas e sombreiros.

Non deixedes de gozar deste espectáculo que no 2013 vendeu 1000 entradas no Gaiás e deixou xente fora. Non vos ides arrepentir de participar desta experiencia para vivir en familia.

Entradas á venda anticipadamente en Ataquilla.com e, no caso de non esgotarse, 2h antes na billeteira do Auditorio a un prezo único de 6€.

Aquí podedes atopar toda a información do ciclo e dos 3 espectáculos que faltan por representar: “Simplicissimus”(15/11), “Constelaciones” (22/11) e “El satrecillo valiente” (29/11).

http://www.pazodacultura.org/…/ci…/festival-das-coxegas.aspx

 

Festival 15_11

Saúdos.

A %d blogueros les gusta esto: