Obradoiro de seguridade vial

Pola presente invitámosvos a unha nova edición de Ponte a Conducir, un obradoiro de seguridade vial que a FANPA organiza en colaboración coa DXT, a Garda Civil, a Policía Local, a Diputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra. Este ano tamén contamos coa colaboración da Cruz Vermella.

O obradoiro celebrarase o sábado 26 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, no parque infantil de tráfico do Concello de Pontevedra, situado en Mollabao. Como o ano pasado, os nenos distribuiranse en grupos segundo a súa idade, e iran rotando polas diferentes actividades que se desenvolverán ao longo da mañá:
Exposición de material da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico
Concurso de debuxo sobre un tema de seguridade vial. Escolleranse 8 gañadores por categorías, que recibiran un agasallo na sede da Subdelegación do Goberno.
Taller de primeiros auxilios para rapaces, impartido polos voluntarios da Cruz Vermella.
Circuito de seguridad vial, onde os nenos rotarán por turnos entre peón, ciclista ou condutor. Os cativos de menor idade disporán de karts a pedales, mentres que os rapaces mais mozos poderán conducir os karts eléctricos. Os rapaces poden traer as súas bicicletas para empregar no circuito.
As prazas das que dispoñemos son limitadas, polo que se atenderá ao orde de inscrición para a participación na xornada.

A inscrición pode facerse tantro presencialmente, na sede da FANPA, como a través dun correo electrónico á dirección actividades@nontedurmas.org, proporcionando os seguintes datos:
Nome e apelidos do rapaz.
Idade.
Curso escolar.
Colexio.
ANPA (se é socio)
Nome do pai ou tutor responsable
Teléfono de contacto.
As inscricións ábrense o luns día 14 de setembro, e pecharanse o día mércores 23 de setembro.

obradoiro conducSaúdos

A %d blogueros les gusta esto: