CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso escolar 2015/16.

Por se fose do voso interese.

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación 1. Esta convocatoria ten por obxecto regular os aspectos básicos do funcionamento do fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2015/16. 2. Os libros de texto utilizados no curso 2014/15 nos niveis incluídos nesta orde manteranse no curso 2015/16. 3. Está excluído do ámbito de aplicación da orde o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2015/16. Artigo 2. Fondo solidario de libros de texto Todos os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán dispoñer dun fondo solidario de libros de texto, que estará integrado por: 1. Todos os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2014/15, que o alumnado beneficiario está obrigado a devolver de acordo co artigo 14.d) da Orde do 28 de maio de 2014, pola que se convocaron as ditas axudas. Artigo 5. Xestión do fondo 1. Os centros docentes sostidos con fondos públicos xestionarán o uso dos libros do seu fondo solidario a través da aplicación informática Fondolibros. 2. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, directamente ou a través das respectivas xefaturas territoriais, exercerá funcións de dirección e coordinación. Artigo 6. Presentación de solicitudes: forma, lugar e prazo 1. Poderán presentar solicitude o/a proxenitor/a ou representante legal do alumnado matriculado ou que se vaia matricular no curso 2015/16 nos niveis educativos incluídos nesta orde. No caso do alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia, deberá presentar a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar. 2. As solicitudes presentaranse en soporte papel preferentemente no centro onde estea matriculado ou se vaia matricular o alumnado no curso 2015/16. Así mesmo, poderán presentarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común. 3. As solicitudes presentaranse no formulario normalizado do anexo I desta orde, que poderá obterse nas xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación. Ademais, a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis CVE-DOG: va8mf038-e0e2-c5n2-yrw0-cpdwwf33hcn9 DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21272 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros antes citados. O modelo normalizado (código de procedemento: ED330D), tamén estará dispoñible no portal educativo, enderezo: http://www.edu.xunta.es Así mesmo, o centro docente poderá xerar a solicitude, logo de introducir os datos da persoa solicitante na aplicación informática Fondolibros. 4. A solicitude é individual; polo tanto, deberá presentarse unha solicitude por cada alumno ou alumna. 5. O prazo de presentación de solicitudes iníciase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de xuño de 2015 . 6. A presentación da solicitude implicará que o/a solicitante acepta as bases da convocatoria, manifesta que reúne os requisitos exixidos nela e que son veraces os datos que constan na solicitude; que se compromete a conservar os libros de texto e material recibidos en bo estado, e a devolvelos ao fondo solidario de libros de texto ao finalizar o curso 2015/16.

solicitud fondo solidario libros de texto

Saúdos.

A %d blogueros les gusta esto: