O venres 12 de xuño na Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola” celébrase un sesión de “Contos para Bebés” a cargo da compañía de “Pavís Pavós”, co título:
“Palma repalma”
12 de xuño, venres: Contos para bebés “Palma repalma”, a cargo de Pavís Pavós
Sinopse: Palma repalma, chica morena, como a queres, grande ou pequena?. Sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para bebés.
Público destinatario: Bebés (0-3 anos).
Con inscripción e recollida de invitacións
As inscricións a partir do 1 de xuño, luns, na entrada da Biblioteca (Información), en horario de 9 a 21 h., por teléfono no 986 850 838 ou por correo electrónico na seguinte dirección: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
As invitaciones recolleranse na entrada, en información.
20 bebés, acompañados cada un por ata dous adultos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde