O prezo son 16€ por familia, iso quere dicir que si son dous ou máis irmáns, só se ingresan 16€.
– Os alumnos de infantil, non sairán do camping para realizar actividades e non utilizarán a piscina. Realizarán xogos de auga pero na zona de céspede. Xa sabemos que hai moitos nenos de infantil que saben nadar, pero como a maioría non, optouse por facelo deste xeito, principalmente para que os pais estean máis tranquilos.
– Teremos un monitor por cada 10 nenos. Ademais dos membros da directiva do anpa que irán con eles nos autobuses desde o colexio.
– Si alguén considera que o seu fillo, sendo alumno de primaria, non debe usar a piscina nin bañarse na praia, pódeo indicar na folla de inscripción.
– Uns días antes da excursión, envíanse os datos dos nenos ao camping, indicando si usan ou non piscina,etc… Con isto os monitores organizan os grupos, para que sexan o máis eu, homogéneos posible.
– Os packs que se indican, son orientativos, lógicamente só estamos parte dun día, co que non dá tempo a facer todo. Os monitores iranse adaptando ao grupo e irán facendo diversas cousas ao longo do día.
– En caso de mal tempo, realizaranse xogos e actividades nunha zona a cuberto.
– Como en anteriores ocasións, si alguén ten algún problema co pago da excursión, que se poña en contacto connosco.
– A folla da autorización déixase no buzón do anpa.
– No ingreso indicar o nome e curso do neno ou nenos.
Calquera consulta, non dubidedes en poñervos en contacto connosco.