Colección dos xogos populares do concello do Grve

Dende o día 12 de decembro e ata e vindeiro 9 de xaneiro, poderase ver na Biblioteca Pública de Pontevedra en horario de 9:00 a 21:00 h parte da colección dos xogos populares que posúe o Concello do Grove, e que se converteu nunha das grandes embaixadoras desta localidade.

Este Nadal todos poderemos xogar á ra, ás argolas, á buxaina ou subir nos zancos como facían os nosos maiores.

Detrás de boa parte dos 130 xogos que forman a extensa colección, están as hábiles mans de Cándido Mascato.

Completa a exposición unha interesante colección bibliográfica e fotográfica con fondos procedentes da Biblioteca
Pública de Pontevedra de Cándido Mascato

A %d blogueros les gusta esto: